LETE LASA PARTICIPA EN VIGO NA ENTREGA DOS PREMIOS DOS 'CAMPIONATOS E COPAS DE GALICIA 2010'

  • Resalta «o tesón, o esforzo, o ánimo de superación e a ilusión e o traballo por facer crecer o deporte do motor na nosa terra» de todos os premiados

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu esta tarde á gala de entrega dos premios dos Campionatos e Copas de Galicia 2010. O secretario xeral para o Deporte manifestou que neste acto se premian os mellores do automobilismo galego e os resultados acadados, mais tamén «o tesón, o esforzo, o ánimo de superación e a ilusión e o traballo por facer crecer o deporte do motor na nosa terra»Nese sentido, José Ramón Lete Lasa destacou que a procura dos éxitos deportivos pasa necesariamente «pola altura de miras, polo labor inclusivo de todos os sectores, e por abrir mente e oídos a quen traballa por e para acadar un mesmo obxectivo». Apelou a traballar para que «ninguén estea á marxe do crecemento deste deporte en Galicia, porque todos somos necesarios», e sinalou que, «con constancia e empeño, as dificultades e o inevitable actual escenario económico que marcan o día a día, non nos impedirán os resultados que todos desexamos e procuramos».

 Sobre a Escudaría Rías Baixas

O secretario xeral para o Deporte mostrou o seu recoñecemento á mellor escudaría de Galicia, ao tempo que pediu ás federacións galega e española de automobilismo que se poñan de acordo tanto no referente á tramitación das licenzas como á organización dos Campionatos de España, para favorecer así o traballo das escudarías organizadoras de campionatos de España.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: