O SXG esixe á Delegación do Goberno que aclare as agresións a xornalistas no Campionato de Caza

O SINDICATO DE XORNALISTAS DENUNCIA QUE AS AGRESIÓNS SON HABITUAIS SEN QUE AS AUTORIDADES TOMEN MEDIDAS

 O Sindicato de Xornalistas de Galicia condena a agresión sufrida onte por dous informadores durante o Campionato de España de Caza do Raposo en Pontecaldelas (Pontevedra). Polo menos un cámara de TVE e outro de Antena 3 foron agredidos, segundo proban as imaxes dos cámaras presentes e as crónicas dos informadores, que tamén relatan ameazan verbais.
Os agresores merecen unha condena legal

O SXG esixe á Delegación do Goberno en Galicia a inmediata apertura dunha investigación policial que use as numerosas probas audiovisuais e as testemuñas das agresións e remita o caso á Xustiza.
Os responsábeis deste tipo de agresións non poden quedar impunes. O contrario sería condenar aos xornalistas que a miúdo cobren situacións potencialmente conflitivas a ser o obxectivo de novas agresións.
Era previsíbel, e polo tanto evitábel, un conflito así
Neste sentido, o SXG critica a labor dos responsábeis das forzas de seguridade encargadas de garantir a seguridade no citado Campionato. Polas ameazas sufridas ano tras ano, era máis que previsíbel que puidesen desatarse agresións violentas. Porén, é evidente que os mandos policiais non tomaron medidas abondo para evitar os incidentes.
Publicamente e mediante cartas, o SXG ten solicitado en repetidas ocasións á Delegación de Goberno unha maior protección aos informadores en situacións previsiblemente violentas. Con todo, na maioría dos actos públicos deste tipo os informadores sempre acaban sufrindo agresións verbais ou físicas, como este sábado ou na recente visita do Papa a Santiago.
O SXG é o sindicato con máis afiliados nos medios de comunicación de Galicia. Ademais, é a central que ten a presidencia ou a máis numerosa nos comité de traballadores de La Voz de Galicia, Xornal de Galicia, La Región de Ourense, Diario de Ferrol e Radio Coruña (SER).

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: