A GNP-AECT PRESENTA OS SEUS PROXECTOS PARA 2011 AO DIRECTOR DE POLÍTICA REXIONAL DA UE

Dick Ahner participará nos Open Days que a agrupación celebrará en xullo
A súa directora, Elvira Vieira, reuniuse na tarde do venres con Ahner para valorar as iniciativas previstas pola GNP-AECT para este ano
A agrupación galego-portuguesa vén de participar na conferencia das AECTs europeas con distintas propostas e observacións ao Quinto Informe sobre cohesión da Unión Europea  A dirección da GNP-AECT, reuniuse na tarde do venres, unha vez finalizados os actos correspondentes á conferencia das AECTs europeas, co director xeral de Política Rexional da Unión Europea, Dirk Ahner. Este encontro serviu para presentar a Ahner os proxectos que a GNP-AECT ten desenvolvido desde a súa posta en marcha, en marzo de 2010, así coma aqueles previstos para o presente ano. Ademais, a GNP-AECT propuxo converter a eurorrexión nun Laboratorio de proxectos piloto de cooperación territorial. Así mesmo, Ahner aceptou a invitación para participar na celebración dos Open Days da eurorrexión Galicia Norte de Portugal, que se celebrarán no mes de xullo.
Previamente, a Agrupación Europea Galicia-Norte de Portugal –GNP-AECT- finalizara na mañá do venres a súa participación na conferencia das AECTs europeas que tivo lugar na cidade francesa de Lille e en Bruxelas, e na que contou cun papel protagonista.
Durante a xornada final do evento, a GNP-AECT, representada pola súa directora, Elvira Vieira, tivo a oportunidade de expoñer as súas propostas e observacións relativas ao Quinto Informe sobre cohesión da Comisión Europea. En liña coa posición da Xunta de Galicia e o goberno portugués, reivindica que a perda de fondos estructurais que sufrirá a eurorrexión se produza de xeito gradual. Neste sentido, propón o establecemento dunha fase intermedia denominada “transitoria”  na que, ademais, se faría unha especial incidencia na eficiencia e obtención de resultados concretos vencellados ás axudas. O pulo á formación continua, ao e-learning e unha maior preponderancia do Fondo Social Europeo sobre o FEDER son outros dos aspectos comentados pola GNP-AECT en relación ao Quinto Informe.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: