As limàdoras dos colexios de Vigo reclaman no pleno a firma do acordo polo que se deconvocou a folga.

O alcalde decidiu suspender a sesión ante as protestas das traballadoras de Linorsa, que xa anunciaron que seguirán coas mobilizacións até lograr que se cumpra o pactado

 As traballadoras dos colexios públicos de Vigo retomaron hoxe as mobilizacións porque máis de mes e medio despois de desconvocar a folga indefinida para reclamar melloras laborais o Concello aínda non ratificou nin a empresa está a cumprir o acordo que permitiu poñer fin ao paro. Nesta ocasión volveron levarar as súas reclamacións ao pleno municipal, que foi suspendido polo alcalde unha hora despois do seu inicio pola protesta das empregadas de Linorsa. Dende a CIG-Servizos de Vigo explican que as traballadoras decidiron en asemblea retomar as mobilizacións despois de comprobar que transcorrido este tempo os responsábeis municipais aínda non asinaron os acordos alcanzados o pasado día 10 de decembro. En concreto, citan o incremento do número de horas a tres persoas para que dispoñan de maior facilidade para poder xubilarse (teñen entre 55-65 anos e unha xornada de 15 horas semanais, polo que se consensuara aumantarlles unha hora á semana para poder chegar ás 20). Ao mesmo tempo, denuncian a actitude da empresa concesionaria do servizo de limpeza dos colexios públicos, que decidiu non renovarlle o contrato a unha empregada que participou na folga e que xa traballara durante catro cursos. “Durante o paro xa a ameazaran con non renovarlle o contrato”, sostén Transi fernández, secretaria comarcal da CIG-Servizos de Vigo. Finalmente, adiantan que as traballadoras seguirán coas mobilizacións até que os responsábeis municipais accedan a sentarse con elas para rubricar o acordo que permitiu poñer a 23 días de folga.

Detalles do acordo

 O máis relevante do acordo adoptado entre as partes fora que se conseguiran incluír tres aspectos fundamentais: -Respectarase o acordo asinado o día 12 de novembro polo comité e a empresa. O horario das limpadoras negociarase no convenio colectivo .Aumentaranse as horas a aquelas mulleres que o necesiten para a súa xubilación.. A consecución destes tres puntos, básicos para as traballadoras, fixo que rematase o conflito das limpadoras, que “demostraron, durante eses días, a súa capacidade de loita solidaria coas compañeiras que tiñan menos xornadas ca elas”, subliñan desde CIG-Servizos de Vigo. Nun colectivo inmensamente precarizado por contratos parciais e feminizado en exceso, CIG-Servizos entende que o lóxico é que as empresas favorezan as traballadoras a tempo parcial para que poidan ampliar a xornada cando haxa mais ocupación, e que a Administración sexa a primeira en colaborar para que así sexa. O alcalde decidiu suspender a sesión ante as protestas das traballadoras de Linorsa, que xa anunciaron que seguirán coas mobilizacións até lograr que se cumpra o pactado

 As traballadoras dos colexios públicos de Vigo retomaron hoxe as mobilizacións porque máis de mes e medio despois de desconvocar a folga indefinida para reclamar melloras laborais o Concello aínda non ratificou nin a empresa está a cumprir o acordo que permitiu poñer fin ao paro. Nesta ocasión volveron levarar as súas reclamacións ao pleno municipal, que foi suspendido polo alcalde unha hora despois do seu inicio pola protesta das empregadas de Linorsa. Dende a CIG-Servizos de Vigo explican que as traballadoras decidiron en asemblea retomar as mobilizacións despois de comprobar que transcorrido este tempo os responsábeis municipais aínda non asinaron os acordos alcanzados o pasado día 10 de decembro. En concreto, citan o incremento do número de horas a tres persoas para que dispoñan de maior facilidade para poder xubilarse (teñen entre 55-65 anos e unha xornada de 15 horas semanais, polo que se consensuara aumantarlles unha hora á semana para poder chegar ás 20). Ao mesmo tempo, denuncian a actitude da empresa concesionaria do servizo de limpeza dos colexios públicos, que decidiu non renovarlle o contrato a unha empregada que participou na folga e que xa traballara durante catro cursos. “Durante o paro xa a ameazaran con non renovarlle o contrato”, sostén Transi fernández, secretaria comarcal da CIG-Servizos de Vigo. Finalmente, adiantan que as traballadoras seguirán coas mobilizacións até que os responsábeis municipais accedan a sentarse con elas para rubricar o acordo que permitiu poñer a 23 días de folga.

Detalles do acordo

 O máis relevante do acordo adoptado entre as partes fora que se conseguiran incluír tres aspectos fundamentais:

-Respectarase o acordo asinado o día 12 de novembro polo comité e a empresa.

-O horario das limpadoras negociarase no convenio colectivo .

-Aumentaranse as horas a aquelas mulleres que o necesiten para a súa xubilación.

A consecución destes tres puntos, básicos para as traballadoras, fixo que rematase o conflito das limpadoras, que “demostraron, durante eses días, a súa capacidade de loita solidaria coas compañeiras que tiñan menos xornadas ca elas”, subliñan desde CIG-Servizos de Vigo.

Nun colectivo inmensamente precarizado por contratos parciais e feminizado en exceso, CIG-Servizos entende que o lóxico é que as empresas favorezan as traballadoras a tempo parcial para que poidan ampliar a xornada cando haxa mais ocupación, e que a Administración sexa a primeira en colaborar para que así sexa.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: