Archive | febrero 2011

Noticias Ayuntamiento de Vigo 28-02-11

O Pleno manifesta unánime o seu compromiso de manter o modelo de caixas de aforro “con vocación social e vinculación territorial”

O goberno de Vigo pide á Xunta que exerza as súas competencias en emprego e xere 5.500 postos de traballo na cidade
O Concello reclama 100 millóns á Deputación “pola falta de investimento” en Vigo desde 2008
Aprobada a moción do BNG para que a Deputación colabore economicamente co Centro de Emerxencia de Mulleres

Vigo adhírese á Carta de Compromiso coa Calidade das Administracións Públicas

O pleno respalda a demanda nacionalista para reclamar a Fomento que declare vía urbana a AP-9 de Rande a Vigo

O goberno local ratifica iniciar trámites para adaptar o PXOM ás novas entradas viarias e ferroviarias da cidade

Centos de persoas asistiron ao 47 Concurso-Mostra Internacional da Camelia

Caballero participou na entrega de premios da I Regata Casaldog de Catamaráns

Inauguración de Música en Branco no Verbum

Anuncios

O PP DE SALCEDA DE CASELAS ANUNCIA O PRÓXIMO ACONDICIONAMENTO DA ESTRADA SANTA MARÍA- PICOÑA A SAN XURXO

  • Rodríguez Davila amosa o seu contento ante o inicio inminente dos traballos de ensanche deste viario á altura da Picoña
  • Grazas á mediación do PP local ante a Deputación de Pontevedra estase a levar a cabo o repintado dos pasos de peóns, dando así resposta a unha gran demanda da veciñanza Leer Más…

PORTOS DE GALICIA INVESTIRÁ 15,9 MILLÓNS DE EUROS NA AMPLIACIÓN E REORDENACIÓN DO COMPLEXO PORTUARIO O CORGO-MELOXO

O presidente do ente público presentou esta mañá o proxecto de actuación orzamentado en 37 millóns de euros que se financiarán mediante cooperación público privada.-

  • O deseño supón a configuración dunha dársena única en O Corgo, con zonas habilitadas para uso pesqueiro, náutico recreativo, mixto e de pasaxe
  • O porto de Meloxo especializarase na flota bateeira
  • A desaparición parcial do actual dique norte permitirá a creación dun espazo de maior envergadura e versatilidade
  • O abrigo garantirase a través de dous diques flotantes, que melloran a efectividade e supoñen un técnica máis sostenible
  •   O presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, presentou esta mañá no Grove o proxecto do seu departamento para a ampliación e reordenación do complexo portuario O Corgo-Meloxo, cuxo orzamento ascende a 37 millóns de euros. Esta contía será financiada a través da fórmula de cooperación público-privada, na que o ente público aportará un investimento de 15,9 millóns. Leer Más…

MAR INVESTIU MÁIS DE 550.000 EUROS NOS PROXECTOS DO GRUPO DE ACCIÓN COSTEIRA DA RÍA DE PONTEVEDRA APROBADOS NO 2010

  • Esta cantidade enmárcase dentro dos 974.000 euros que a Consellería investirá neste bienio 2010-2011 nas accións do GAC na provincia de Pontevedra
  • A Consellería aprobou 4 proxectos, 2 produtivos e 2 non produtivos, encamiñados a diversificar e mellorar as condicións de traballo e a valorización da actividade pesqueira e marisqueira
  • Sanxenxo (Pontevedra), 28 de febreiro de 2011.-  A Consellería do Mar investiu 554.451,29 euros nos proxectos resoltos do GAC 6 da Ría de Pontevedra no 2010 do total dos 974.000 que se investirán neste bienio 2010-2011 nas accións do dos Grupos de Acción Costeira na provincia de Pontevedra. Leer Más…

CEP y CEO denuncian pérdida de competitividad por cierre túnel A-52

Los transportistas advierten de que habrá que recalcular los tiempos de trayecto y que éstos repercutirán en los costes.- Los presidentes de la Confederación de Empresarios de Pontevedra, José Manuel Fernández Alvariño, y su homólogo de Ourense, Francisco Rodríguez García, denunciaron las consecuencias que para la actividad económica de las dos provincias tiene el cierre del túnel de O Folgoso, en la A-52, a su paso por A Cañiza. Leer Más…

XUVENTUDE INCREMENTA ESTE ANO AS PRAZAS DO PROGRAMA DE TURISMO ACTIVO ‘ROTEIROS’ QUE CHEGARÁ A MÁIS DE 1.600 MOZOS

  • O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, explicou que a oferta aumenta nesta edición en preto de 600 prazas con respecto a 2010
  • As instalacións onde terán lugar as actividades tamén se amplían este ano, polo que a iniciativa da Xunta desenvolverase nas catro provincias galegas
  • O plan, dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, terá lugar as fins de semana desde o 18 de marzo ata o 19 de xuño
  • Rodeiro explicou que os interesados en anotarse terán que facelo a partir de mañá a través dos números de teléfonos indicados en www.xuventude.net
  • A Xunta incrementou este ano nun 43 por cento a oferta de prazas nos programas de turismo activo
  • O prezo, que inclúe pensión completa e a participación nas actividades, será de 60 euros para os posuidores do carné xove
  • Roteiros para a Xuventude’ ofertará este ano un total de 1.621 prazas. O programa da Consellería de Traballo e Benestar que inclúe diferentes actividades de turismo activo aumentou nesta edición a súa oferta en preto 600 prazas dado o éxito acadado en 2010. Así o explicou hoxe o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, quen presentou as novidades desta iniciativa. Leer Más…

Á venda os abonos para a segunda parte da tempada de música clásica en Vigo

A Orquestra Filharmónica de Moscova abrirá o programa o 1 de abril
 . Novacaixagalicia inicia o vindeiro xoves, día 3 de marzo, a venda dos aboamentos para a segunda parte da tempada de música clásica en Vigo, que inclúe tres concertos da máis alta calidade a cargo dalgunhas das orquestras nacionais e internacionais de maior prestixio. Leer Más…

Ayuntamiento de Porriño

EL GOBIERNO LOCAL RECIBE AL CLUB DE PATINAJE RIBEX DE PORRIÑO Y PRESENCIA UNA EXHIBICIÓN EN LA PLAZA ARQUITECTO ANTONIO PALACIOS

El alcalde, Nelson Santos y el concejal de Deportes, M. Alejandro Lorenzo, entregaron una placa conmemorativa a este equipo porriñés que viene de proclamarse subcampeón gallego y ganador del Trofeo Latina Internacional

O PARTIDO POPULAR DE O PORRIÑO CELEBRA A FESTA DO ENTROIDO 2011 CUNHA CEA-BAILE

Tralo éxito de xuntanzas anteriores que reuniron a centos de persoas.- A cita terá lugar este venres, 4 de marzo, ás 22.00 horas, no restaurante Manolo da localidade.

ESTUDIANTES DEL CIP RIBEIRA PLANTAN 40 ABEDULES EN LA ZONA DE OS CABREIROS EN CHENLO

El alcalde del Concello do Porriño, Nelson Santos, y el concejal y alcalde pedáneo de la Entidad Local Menor de Chenlo, M. Alejandro Lorenzo, acompañaron a este grupo de escolares en esta actividad que invita a la reflexión sobre los bosques, su utilidad y su cuidado.- web www.concellodoporrino.net

A DEPUTACIÓN INVESTIRÁ 258.142 EUROS EN REDONDELA, FORNELOS, SOUTOMAIOR E PAZOS PARA MELLORAR INFRAESTRUTURAS E SERVIZOS

O investimento enmárcase dentro do Plan Provincial de Cooperación que permitirá mellorar o saneamento, o abastecemento de augas ou pavimentar rúas e accesos    A Deputación de Pontevedra investirá máis de 258.000 euros nos concellos de Redondela, Fornelos, Soutomaior e Pazos de Borbén. As obras corresponden ó Plan Provincial de Cooperación (PPC), que foi aprobado o venres polo Pleno da Corporación Provincial, e están encamiñadas a mellorar servizos públicos e infraestruturas. En tódolos concellos _excepto Pontevedra e Vigo, que teñen un plan de cooperación específico_ a Deputación investirá máis de 5,5 millóns de euros Leer Más…

A XUNTA ACHEGA ÁS EMPRESAS E Á CIDADE DE VIGO AS OPORTUNIDADES DE DESENVOLVEMENTO QUE OFRECE O PORTO

  • A Consellería de Economía e Industria mantén un convenio de colaboración coa Fundación Porto de Vigo, co que subvenciona o 50% das iniciativas postas en marcha ao seu abeiro, até 2012
  • O acordo tamén atende á organización de iniciativas empresariais orientadas a mellorar o aproveitamento dos resultados económicos derivados do turismo de cruceiros
  • Javier Guerra destacou que “a mellor garantía de desenvolvemento para o Porto de Vigo reside na conformación dun tecido industrial e produtivo solvente  tanto na cidade, como na súa área de influencia”
  • O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, e  a presidenta do Padroado da Fundación Porto de Vigo, Corina Porro Martínez, presentaron hoxe un acordo destinado a fomentar o desenvolvemento e achegamento dos servizos e oportunidades loxísticas que o Porto de Vigo ofrece ás empresas, á súa área de influencia e á Cidade.   O conselleiro explicou que “a Consellería de Economía e Industria, a través do  Igape, mantén un convenio de colaboración coa Fundación Porto de Vigo, co que subvenciona o 50% das iniciativas postas en marcha ao seu abeiro, até 2012” Leer Más…