Javier Guerra alenta a inicaitiva a emprendedores dos mozos galegos.

 O conselleiro de Economía e Industria lembrou que o Igape conta cun programa de apoio ao emprendemento que continuará activo neste exercicio

  • Javier Guerra apuntou ao reforzamento de Bic Galicia como plataforma de formación práctica e asesoramento, na inauguración do curso académico da Cátedra Bancaja Jóvenes Emprendedores da USC

  O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, alentou hoxe a iniciativa emprendedora das mozas e mozos galegos na inauguración do curso académico da Cátedra Bancaja Jóvenes Emprendedores da Universidade de Santiago.   Guerra lembrou que a Consellería de Economía e Industria ten como un dos seus cometidos axudar aos novos emprendedores a facer realidade os seus proxectos,  de xeito que o Instituto Galego de Promoción Económica puxo en marcha un programa de apoio á iniciativa emprendedora, que inclúe axudas a proxectos, así como liñas de apoio financeiro  .   Neste sentido, sinalou que o programa re-Emprende destinado a activar proxectos en pequenas e medianas empresas, incrementou os seus fondos nun 25%, incluíndo a fórmula da prefinanciación, mediante a concesión de anticipos de até o 50%, sen esixencia de garantías, e acadou impulsar investimentos cifrados en máis de 7,7 millóns de euros. Por outra banda, o re-Imaxina  permitiu, aos emprendedores galegos, dispor de instrumentos de financiamento complementarios, con préstamos subsidiados e avalados en dúas liñas específicas: a de microempresas e a denominada Peme Nova; esta última con préstamos comprendidos  entre 25.000 e 120.000 euros . Ademais, o fondo de capital risco Xes-Innova, que atende, preferentemente, iniciativas vinculadas á innovación e novas tecnoloxías, dotado con 1,65 millóns  de euros, facilita o acceso dos emprendedores ao financiamento que necesitan nos seus proxectos innovadores, mentres que o fondo Xes-Posibilita, dotado tamén con 1,65 millóns de euros, está orientado a apoiar os proxectos de empresarios con discapacidade. Guerra engadiu que este programa complétase coa “participación dunha comunidade formativa preocupada por propagar a semente do emprendimiento”, de xeito que “nesta lexislatura, un dos obxectivos prioritarios é reforzar Bic Galicia, como plataforma de formación práctica e asesoramento”. Esta entidade ofrece servizos á medida das necesidades de cada emprendedor, desde conceptos iniciais para determinar se ten vocación emprendedora, até apoios especializados para elaborar e validar o seu plan de empresa, desde un punto de vista económico e financeiro, cun programa que dispón tamén de guías de actividade empresarial, para facilitar a posta en marcha de iniciativas novas, en calquera das actividades económicas con maiores posibilidades de futuro.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: