OS ORZAMENTOS DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR PARA 2011PERMITIRÁN ABRIR 1.000 NOVAS PRAZAS EN ESCOLAS INFANTÍS E 500 EN CENTROS DE DÍA

  • As contas foron aprobadas esta mañá pola Asemblea Xeral do organismo con 451 votos a favor e 91 en contra
  • Os orzamentos inclúen por vez primeira a liquidación dos convenios de xestión asinados entre o Consorcio e os concellos 
  • Ao mantemento das actuais redes de escolas e de centros de atención a persoas maiores destinaranse más de 21 millóns de euros
  • Son as últimas contas aprobadas antes da integración deste organismo na Axencia galega de servizos sociais

 A Asemblea Xeral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, órgano no que están representados os 268 concellos e 4 mancomunidades consorciados e a Xunta de Galicia, aprobou esta mañá os orzamentos desta entidade para o exercicio 2011, unhas contas que permitirán a creación de ao redor de 1.000 novas prazas de escolas infantís 0-3 e a posta en funcionamento de máis de 500 prazas de centro de día, además do mantemento dos preto de 140 centros que o Consorcio xestiona a día de hoxe. O resultado da votación foi de 451 votos a favor, 91 en contra e 3 nulos. Na súa intervención na asemblea, o xerente do Consorcio, Roberto Rodríguez, explicou que dos 59,7 millóns de euros aos que ascende o orzamento para 2011, o 72 por cento proven de achegas da Xunta de Galicia e o resto do orzamento procede dos usuarios e das achegas dos concellos consorciados, tal e como está asinado nos convenios de xestión. Así, nestes orzamentos prevese a liquidación de gastos aos concellos nos que o Consorcio xestiona algún centro, xa sexa de atención a persoas maiores ou escola infantil, que foron adiantados polo organismo autonómico para o funcionamento dos mesmos. Os convenios de xestión dos equipamentos asinados entre o Consorcio e o concello onde radica cada centro recollen que estos achegarán un tercio dos gastos totais anuais de funcionamento. Estase a rematar así un proceso iniciado ao longo do pasado ano coa solicitude aos concellos das certificacións de gastos realizadas nos centros. A medida que se foi recibindo esa documentación, procedeuse ao cálculo da liquidación correpondente a cada concello ata acadar a participación nos gastos prevista nos convenios. Nas próximas semanas se procederá a remitir a cada concello a respectiva proposta de liquidación, na que se desglosarán os conceptos e cantidades correspondentes. Nos orzamentos de 2011 contémplase tamén un incremento da cantidade achegada polos usuarios.  Este aumento débese ao crecemento da oferta de prazas en 2010 –un 25 por cento en escolas e un 50 por cen en centros de atención a persoas maiores- sendo os prezos públicos que abonen os usuarios no 2011 os mesmos que no pasado exercicio.

 Investimentos

Ao mantemento das actuais redes de escolas infantís e de centros de atención a persoas maiores destinaranse máis de 21 millóns de euros, un capítulo que experimenta un incremento de case un 20 por cento respecto ao ano anterior debido principalmente á apertura de novos centros. Na súa intervención, Roberto Rodríguez salientou que estes serán os últimos orzamentos aprobados no seno do Consorcio, que ao longo deste ano se integrará na axencia de servizos sociais en virtude do acordo adoptado pola súa Asemblea xeral o pasado mes de xullo.

 Referencia ao anterior exercicio

No seu informe, o xerente do Consorcio enumerou tamén as actuacións desenvolvidas ao longo do exercicio 2010. Así, no relativo ás escolas infantís salientou a posta en marcha de 1.000 novas prazas 0-3 nun total de 14 novos centros, a adxudicación das obras de construción de catro escolas e dos equipamentos doutras 14 e a realización de obras de ampliación e mellora por importe superior a un millón de euros de centros que xa estaban en funcionamento. En relación cos maiores, puxéronse en funcionamento 11 centros de día, ademáis de contratarse o equipamento para outros 13 e iniciarse a construción do centro de día e fogar residencial de Cerceda. Por último, o pasado ano continuou o desenvolvemento do programa Xantar na Casa, que a finais de 2010 chegaba a 154 concellos galegos e a un total de 1.381 usuarios.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: