Archivo | febrero 1, 2011

PORTOS DE GALICIA APOSTA POR CREAR SINERXIAS ENTRE SECTORES E ADMINISTRACIÓNS PARA OPTIMIZAR O PLAN DE INVERSIÓNS DE CESANTES

Portos de Galicia subliña o seu compromiso co desenvolvemento definitivo das instalacións portuarias de Cesantes, no concello de Redondela, como puxo de manifesto días atrás coa presentación dun Plan de Inversións de 6 millóns de euros para a zona. Dada a magnitude deste proxecto, o ente público aposta por crear sinerxias entre todos os sectores e administracións implicadas para optimizar o seu desenvolvemento e concibe este plan como unha proposta multidisciplinar aberta ás aportacións dende todos os ámbitos afectados. Proba desta actitude flexible e adaptativa é a invitación que Portos de Galicia realiza á Corporación de Redondela para participar na mesa de traballo que se iniciará o próximo venres co obxectivo de avanzar na concreción dos proxectos. A este respecto, cómpre lembrar que se dará prioridade á futura lonxa, cuxo proxecto construtivo está xa redactado.

A XUNTA INICIA AS OBRAS DE REFORMA E ACONDICIONAMENTO DAS OFICINAS DA FISCALÍA DE VIGO, QUE DURARÁN CATRO MESES

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, comprobou esta mañá o inicio das obras coa sinatura da acta de replanteo.
  • O proxecto conta cun orzamento de adxudicación de 177.000 euros e se prevé que os traballos estean rematados no vindeiro verán.
  • O obxectivo das obras pasa pola racionalización e aproveitamento dos espazos da Fiscalía, co que se gañarán 30 metros cadrados das oficinas actuais ademais de levar a cabo a substitución de pavimentos, falsos teitos e mellora da carpintería exterior, iluminación e pintura. Leer Más…

LOUZÁN PARTICIPA HOXE EN VIGO NO ENCONTRO “DIÁLOGOS DE FUTURO”, ORGANIZADO POLO CÍRCULO DE EMPRESARIOS DE GALICIA-CLUB FINANCIEIRO DE VIGO, PARA TRATAR TEMAS DE INTERESE PARA A PROVINCIA

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, participa hoxe, martes, 1 de febreiro, ás 14:00 horas, na xuntanza de grupo “Diálogos de Futuro”, organizada polo Círculo de Empresarios de Galicia-Club Financieiro Vigo. Se trata dun almorzo informal no que os participantes exporán a súa opinión sobre diferentes temas de candente actualidade, relativos á cidade de Vigo e ó conxunto da Comunidade Autónoma. O cadro de tertulianos está composto por 26 personalidades de renome e representativas do tecido empresarial, asociativo e social da cidade de Vigo. O grupo “Diálogos de Futuro”  xurdiu en 2004 co obxectivo de crear unha corrente de opinión entre as xeracións de novos empresarios do Círculo de Empresario de Galicia-CFV. Para elo, os membros desta tertulia manteñen encontros con persoeiros relevantes do mundo empresarial da área de Vigo, cos que intercambian información sobre a súa experiencia no sector industrial, ou con outras cuxa traxectoria ou actividade actual poda suscitar interese o repercutir no devir de Vigo e área de influenza. Unha das principais finalidades destes encontros é que os tertulianos coñezan ás persoas que contribuíron a converter á cidade no motor industrial da Comunidade Autónoma de Galicia e compartan experiencias.

A ESCOLA INFANTIL DE MOS COTO TORRÓN ENTRARÁ EN FUNCIONAMENTO NO PRIMEIRO SEMESTRE DO ANO

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo unha xuntanza coa alcaldesa da localidade, Nidia Arévalo
  • O investimento total do Goberno autonómico nesta infraestrutura de 41 prazas supera os 480.000 euros
  • Será a segunda escola infantil da Xunta en Mos, onde xa funciona a de Porteliña, que ten o mesmo número de prazas

 A nova escola infantil de Mos “Coto Torrón”, pertencente a Rede de escolas infantís “A Galiña Azul”, entrará en funcionamento no primeiro semestre do ano. Esta nova infraestrutura ofertará un total de 41 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos. Así llo comunicou a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, á alcaldesa desta localidade, Nidia Arévalo, no transcurso dunha xuntanza. Leer Más…

JAVIER BAS LÉMBRALLE AOS SOCILISTAS QUE “EN POLÍTICA O PRIMEIRO É O BEN COMÚN E O SEGUNDO TAMÉN”

 candidato do PP de Redondela á Alcaldía acusa a Eduardo Reguera de facer oídos xordos ás demandas dos veciños e de poñer dun xeito equivocado o acento na interpretación política respecto do proxecto do Porto de Cesantes.  Javier Bas, presidente da Xestora do Partido Popular de Redondela e candidato á Alcaldía, lémbralle ao señor Reguera, a raíz das súas declaracións respecto da presentación do proxecto para o Porto de Cesantes, que a remodelación integral desta zona portuaria “é de vital importancia para Redondela, non só para Cesantes senón para todo o municipio, é a resposta, firme e comprometida, da Administración autonómica que viñamos esperando para dar solución e proxección ao noso porto”. Leer Más…

TORRES Y CARRERA CIERRA 2010 CON UN INCREMENTO DEL 7% DE SU FACTURACIÓN

  La cifra de negocio en el pasado ejercicio superó los 1,6 millones de euros
                                                                                                                                 
Desde el inicio de la crisis económica la plantilla de Torres y Carrera se ha incrementado en más de un 30 % 
 “La crisis aprieta pero no ahoga. Al menos por ahora”. De esta manera se sintetizan, en opinión de Xurxo Torres, los resultados obtenidos en 2010 por la compañía que dirige. La consultora de comunicación Torres y Carrera cerró el pasado ejercicio con un incremento de su facturación del 7%. “La cifra en sí misma es positiva. Aunque a comienzos de año perseguíamos objetivos más ambiciosos, lo cierto es que el mercado atraviesa un momento muy complejo y el crecimiento ha sido más moderado del que esperábamos”, matiza Xurxo Torres. A pesar de este difícil contexto al que se refiere, la compañía supera, con el crecimiento registrado en 2010, los 1,6 millones de euros como cifra de negocio y consolida su posición, a nivel nacional, en el sector de las relaciones públicas.  Desde el inicio de la crisis económica, Torres y Carrera ha apostado por un modelo de desarrollo empresarial que combina la diversificación de servicios, la creación de nuevas líneas de negocio (en 2009, Sherpas Online y en 2010, Puesto Base) y la apuesta por el talento. Leer Más…

ROBERTO VARELA PRESENTA O PROXECTO ‘LIBRO DE PEDRA’, UN PASEO VIRTUAL POLA CATEDRAL E A CIDADE DE SANTIAGO

  • O conselleiro de Cultura e Turismo asegurou que a iniciativa “reúne pasado e futuro nun mesmo espazo virtual coas máis modernas ferramentas, unindo a aposta polas novas tecnoloxías e os símbolos máximos da riqueza patrimonial do noso país”.
  • O proxecto ‘Libro de Pedra’ permite a visualización da capital de Galicia e o seu monumento máis emblemático cun nivel de detalle sen precedentes a través de máis de 60.000 fotografías de alta resolución. A aplicación ‘Mundo Peregrino Interactivo’ é un modelo virtual que ofrece a experiencia de coñecer e percorrer os diferentes camiños a Santiago.
  • Unha instalación museística presenta ademais un sistema multitáctil onde o usuario interactúa, a través das súas mans sobre a pantalla, cunha maqueta virtual tridimensional da Catedral compostelá.
  • Esta iniciativa insírese dentro do proxecto europeo ‘Loci Iacobi. Lugares de Santiago. Lieux de Saint Jacques’, do que a Secretaría Xeral para o Turismo é xefe de fila. O seu obxectivo é o de investigación, promoción e dinamización turística e cultural vinculada ao Camiño de Santiago nos  territorios socios (España, Francia e Portugal) como itinerario cultural de alto valor histórico Leer Más…

El tiempo en Vigo – Galicia

Previsión meteorológica cada tres horas (las próximas 48 horas)

Pronóstico para cinco días (Detalles)  
Mañana
02 febBuenoBueno
jueves
03 febDespejadoDespejado
viernes
04 febDespejadoDespejado
sábado
05 febDespejadoDespejado
domingo
06 febDespejadoDespejado
Máx.: 14°
Mín.:
Máx.: 15°
Mín.:
Máx.: 14°
Mín.:
Máx.: 15°
Mín.: 10°
Máx.: 15°
Mín.:

Pronóstico detallado para diez días

Mapas del tiempo

cargando…

Mapa del tiempo