A XUNTA REITERA A SÚA FIRME INTENCIÓN DE DEFENDER OS INTERESES DE GALICIA EN CONTRA DOS NEGATIVOS EFECTOS DO DECRETO DO CARBÓN

  • A Xunta non se plantexa retirar os recursos xudiciais presentados contra a aplicación da norma, e lembra que non obtivo ningunha resposta por parte do Executivo central a súa última proposta para atopar unha solución xusta e solidaria que non afecte ao tecido socioeconómico de Galicia
  • O conselleiro de Economía e Industria considera moi chamativo que ao Ministerio de Industria lle preocupe máis chegar a un acordo coas eléctricas que co Goberno dunha Comunidade Autónoma como Galicia
    • Galicia non se opón ao desenvolvemento da minería do carbón autóctono noutros puntos de España, e esixe ao Goberno central que equilibre os intereses dos distintos territorios
    • O real decreto do carbón afecta ás centrais térmicas das Pontes e Cerceda, aos ciclos combinados, ao tráfico portuario da Coruña e Ferrol, aos transportistas e ás arcas públicas dos concellos e da propia Xunta

O Goberno da Xunta, a través da súa Consellería de Economía e Industria, reitera unha vez máis a súa firme postura en defensa dos intereses de Galicia fronte aos negativos efectos da posible entrada en vigor do coñecido como real decreto do carbón no tecido enerxético e produtivo de Galicia. O departamento que dirixe o conselleiro Javier Guerra enviou unha carta ao ministro de Industria, Turismo e Comercio do Goberno Central o pasado día 27 de xaneiro na que defende a intención da Xunta de non retirar os recursos presentados ante distintas instancias xudiciais contra a aplicación do real decreto debido á falta de interlocución co Ministerio, e lembra que nesa mesma carta puxo enriba da mesa unha proposta de negociación. A Xunta de Galicia, que non se opón ao desenvolvemento da minería do carbón autóctono noutros puntos de España, traslada nesa carta remitida ao Goberno Central, ao que esixe que equilibre os intereses dos distintos territorios, unha serie de propostas para atopar unha solución aos negativos efectos da regulamentación no tecido socioeconómico de Galicia das que non obtivo, unha vez máis, ningunha resposta por parte do Goberno Central. O Goberno de Galicia, a través do conselleiro de Economía e Industria, “considera moi chamativo que ao Goberno central lle preocupe máis chegar a un acordo con tres empresas eléctricas que cun goberno dunha Comunidade Autónoma como o da Xunta, lexítimo representante dos intereses de todos os galegos, e ao que non quixo escoitar en ningún momento ao longo de todo este proceso”. A Xunta, adoptando unha postura proactiva e de colaboración, propón na derradeira carta enviada ao Ministerio de Industria a elaboración dunha nova orde de redución dos programas de produción máis solidaria e xusta, que permita dar cabida ao 15% de produción con carbón nacional repartindo de xeito proporcional a conseguinte retirada entre todas as tecnoloxías de réxime ordinario que operan no mercado diario da electricidade, que son todas menos as renovables, para evitar así o grave perxuízo que a actual orde de redución dos programas de produción ten sobre as centrais térmicas das Pontes e Cerceda e ciclos combinados, que terían que ser as primeiras en deixar de producir para dar cabida no sistema ao carbón nacional. Asemade, a Xunta reitera na carta enviada ao ministro a necesidade da presencia da Xunta de Galicia na comisión de seguimento encargada de evaluar o impacto da aplicación del real decreto en Galicia, da que o Goberno de todos os galegos foi excluída sen nengún tipo de explicación, ademais de reclamar unha maior cota de enerxías renovables no horizonte 2010 para compensar a baixada da actividade das centrais térmicas das Pontes e Cerceda. A Xunta quere insistir en que Galicia non está en contra do desenvolvemento da minería do carbón nacional noutros puntos de España, e por este motivo, e a pesares das constantes mostras de deslealdade institucional por parte do Ministerio de Industria derivadas do feito de que non se quere escoitar a Galicia, o Executivo galego mostra a súa dispoñibilidade para atopar unha solución. O Goberno central non tivo en conta en ningún momento os negativos efectos da entrada en vigor deste real decreto en Galicia, que suporá a paralización das nosas centrais térmicas, a redución da actividade dos ciclos combinados e un notable impacto nos portos da Coruña e Ferrol, e moito menos os trasladou á Comisión Europea, que unicamente coñeceu de primeira man os prexuízos ocasionados a Galicia grazas aos escritos que se remitiron dende a propia Consellería. Galicia non foi escoitada aínda polo Goberno Central polas graves consecuencias do real decreto na nosa Comunidade Autónoma e a Xunta rexeita o enfrontamento que pretende o Executivo central entre uns territorios e outros, cando Galicia xa dixo en moitas ocasións que non está en contra do desenvolvemento da minería de carbón nacional e o único que fai e defender os seus intereses e os dos seus traballadores. A entrada en vigor do real decreto non só afectaría ás centrais térmicas e aos ciclos combinados galegos, senón que tamén tería un efecto negativo sobre as empresas auxiliares, os transportistas, a planta de Reganosa, os portos de Ferrol e A Coruña, e sobre as arcas públicas dos concellos e da propia Xunta de Galicia.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: