O TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA DESESTIMA O RECURSO CONTRA A MODIFICACIÓN DO PROXECTO SECTORIAL DA PLISAN

Esta sentenza permite ao Goberno galego continuar coa tramitación da plataforma e avanzar na súa execución

 

  • O Tribunal recoñece que coa modificación do proxecto sectorial a Xunta busca dar cumprimento á sentenza do Supremo, eliminando do ámbito da Plisan os terreos de especial protección
  • A modificación do proxecto sectorial foi aprobada definitivamente polo Consello da Xunta o pasado 13 de xaneiro.  A modificación do proxecto sectorial da Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves, iniciada pola Xunta de Galicia para dar cumprimento á sentenza do Tribunal Supremo é o procedemento correcto, segundo se desprende do fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que acordou desestimar o incidente de nulidade promovido pola Asociación de Afectados pola Plataforma Loxística-Industrial Salvaterra-As Neves. O fallo do tribunal Superior de Xustiza respalda a intención da Xunta de excluír do ámbito da Plisan os terreos especialmente protexidos e de recoñecer o dereito dos concellos a recibir o aproveitamento urbanístico correspondente cando di o seguinte: “La modificación puntual del proyecto sectorial que ha sido iniciada no tiene por objeto continuar incluyendo dentro de su ámbito el indicado suelo especialmente protegido, ni mantener la posibilidade de la referida reducción del aprovechamiento, sino precisamente excluir ese suelo y eliminar tal posibilidad, y por ello no puede decirse que su objeto sea hacer caso omiso de las declaraciones de la sentencia e ineficaces sus pronunciamientos”. Esta sentenza permite á Xunta de Galicia continuar coa tramitación da plataforma e avanzar na súa execución. Cómpre lembrar que o Consello da Xunta de Galicia aprobou definitivamente a modificación do proxecto sectorial da Plisan o pasado 13 de xaneiro, dando desta maneira cumprimento á resolución do 7 de xuño de 2010 da Sección 5ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo. En cumprimento da dita sentenza, exclúense do ámbito da PLISAN os terreos clasificados como solo non urbanizable de especial protección forestal, co que o ámbito da PLISAN pasas dos 4.196.167 metros cadrados previstos inicialmente aos 3.091.429,90 metros cadrados que recolle a modificación do proxecto sectorial.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: