Archive | febrero 6, 2011

SANTIAGO RODRÍGUEZ DAVILA APOSTA POR UN GOBERNO AUSTERO, PLANIFICADO, COMPROMETIDO E PRÓXIMO AOS VECIÑOS DE SALCEDA DE CASELAS

 Partido Popular avogou polo cambio, “deixando atrás catro anos de parálises e rachando cos bipartitos”

O alcaldable salcedense pediu “sacrificio, humildade e respecto”, comprometendo, entre outros proxectos, a realización dun estudio de viabilidade para a construción dun aparcamento subterráneo na contorna da Praza da Devesa

Día Internacional de la Tolerancia Cero a la ablación del clítoris

150 millones de mujeres en todo el mundo han sido víctimas de la mutilación genital femenina. En al menos 28 países de África se practica la ablación y en otros de Asia y Oriente. Unas 150 millones de mujeres en todo el mundo han sufrido la mutilación genital femenina y, cada año, tres millones y medio de niñas están en riesgo de ser víctimas de esta terrible costumbre ante la que se intenta luchar en el Día Internacional de la Tolerancia Cero contra la ablación del clítoris.Es la tradición la que manda sobre la Ley y que afecta a todos los niveles educativos, sociales y religiosos.La práctica afecta generalmente a niñas de entre 4 y 10 años de la mano del matrimonio, o incluso a los pocos días del nacimiento.Diez pueblos en Guinea Conakry se han declarado ya comunidades libres de mutilación genital femenina. Esperemos que se pueda erradicar esta lacra de los países que aún lo practican, donde la mujer es un elemento más,  en la cual la practica de algunas costumbres acaban con su vida y su futuro emocional social y sanitaria. Luchemos y alcemos nuestro “No a la Tolerancia cero a esta práctica de la ablación del clítoris”

Incidente no concurso de acredores de A Nosa Terra

 FILIAL DE SAN JOSÉ NIN PAGOU NIN CERTIFICOU PARTE DAS DÉBEDAS COS SEUS EX-TRABALLADORES

Os ex-traballadores de Promocións Culturais Galegas acaban de presentar un incidente concursal no proceso de suspensión no que se mantén a editora do histórico semanario A Nosa Terra (ANT). Os ex-asalariados denuncian que a empresa está a incumprir a lei ao negarse a pagar o salario de outubro e a liquidación dos 24 despedimentos.
Nun escrito remitido ao xulgado número 3 de Pontevedra, os traballadores alertan que ANT, filial da construtora San José, tampouco entregou a certificación desas débedas. Leer Más…

O BNG explicou na Guarda o que vai supor para as economías f

Xan Lois Lomba: “Esta nova Lei de Augas ten como único obxectivo incrementar a  recadación por parte do goberno do Sr. Feijóo a costa de todos os  galegos e galegas” O pasado xoves día 3, o BNG organizou no Centro Cultural da Guarda un acto
para informar a todos os veciños e veciñas sobre a nova Lei de Augas.  Neste acto, presentado polo portavoz municipal, Xan Lois lomba Alonso,o  BNG contou coa presenza do seu  deputado no Parlamento Galego,Henrique  Viéitez; quen explicou polo miudo que esta nova lei vai supor para a  economía de toda a poboación.
Na presentación o concelleiro Xan Lois Lomba resumía deste xeito a nova  lei:”Esta nova Lei de Augas ten como único obxectivo incrementar a  recadación por parte do goberno do Sr. Feijóo a costa de todos os  galegos e galegas”. Dende o BNG non entenden que nun momento como o que atravesamos,de grave
crise económica e cun importante número de galegos e galegas no paro, o  Goberno do PP leve adiante esta lei inxusta e antisocial que prexudica á  inmensa maioría da poboación de Galiza.
O deputado Henrique Viéitez na súa intervención puxo un exemplo práctico  co que quedou claro o que vai representar nas economías domésticas o  novo canon da auga: “Unha familia de tres membros cun consumo de 30m3  mensuais verá incrementado o seu recibo en case que 10 euros ao mes”.