Incidente no concurso de acredores de A Nosa Terra

 FILIAL DE SAN JOSÉ NIN PAGOU NIN CERTIFICOU PARTE DAS DÉBEDAS COS SEUS EX-TRABALLADORES

Os ex-traballadores de Promocións Culturais Galegas acaban de presentar un incidente concursal no proceso de suspensión no que se mantén a editora do histórico semanario A Nosa Terra (ANT). Os ex-asalariados denuncian que a empresa está a incumprir a lei ao negarse a pagar o salario de outubro e a liquidación dos 24 despedimentos.
Nun escrito remitido ao xulgado número 3 de Pontevedra, os traballadores alertan que ANT, filial da construtora San José, tampouco entregou a certificación desas débedas. A Lei marca que ao tratarse débedas xeradas despois da declaración do concurso, publicada en setembro, a empresa ten a obriga de pagar os salarios ou certificar por escrito a débeda, para que os traballadores poidan cobrar unha parte reclamándollos ao Fondo de Garantía Salarial (FOGASA). Nunha actitude inexplicábel, a directiva de ANT e o administrador concursal optaron por nin pagar nin entregar os certificados. Este é o motivo do incidente concursal presentado agora ante o xulgado número 3 do Mercantil da provincia de Pontevedra (achégase PDF anexo). O incidente prolongará a resolución do concurso e, lamentablemente, pode complicar a súa resolución positiva. Promocións Culturais Galegas despediu a 24 dos seus 28 traballadores o 30 de outubro, incluídos a todos os seus xornalistas menos un. Na memoria pola que se aprobou o concurso, ANT alegaba que a mala situación económica obrigáballe a suspender a publicación do semanario en papel, fundado polas Irmandades da Fala, e o do diario dixital. Importantes débedas cos colaboradores  Con todo, a empresa segue publicando o dixital anosaterra.org. A compañía aproveitase de contidos escritos de balde por novos colaboradores para manter esta web. ANT solicitou novos contribuídores gratis mentres mantén importantes débedas cos colaboradores da anterior etapa. O SXG cualifica de “inmoral” como unha empresa do tamaño de San José se está a aproveitar do traballo de balde de persoas que, con boa fe, queren contribuír á supervivencia de ANT. O SXG non entra no dereito do Grupo San José de reflotar ou deixar esmorecer esta cabeceira. Porén, non permitirá que calquera saída se constrúa sen abonar todas as débedas con todos os traballadores e colaboradores do extinto semanario. Para tal fin, seguirá a exercer as medidas legais que estime oportunas.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: