O BNG explicou na Guarda o que vai supor para as economías f

Xan Lois Lomba: “Esta nova Lei de Augas ten como único obxectivo incrementar a  recadación por parte do goberno do Sr. Feijóo a costa de todos os  galegos e galegas” O pasado xoves día 3, o BNG organizou no Centro Cultural da Guarda un acto
para informar a todos os veciños e veciñas sobre a nova Lei de Augas.  Neste acto, presentado polo portavoz municipal, Xan Lois lomba Alonso,o  BNG contou coa presenza do seu  deputado no Parlamento Galego,Henrique  Viéitez; quen explicou polo miudo que esta nova lei vai supor para a  economía de toda a poboación.
Na presentación o concelleiro Xan Lois Lomba resumía deste xeito a nova  lei:”Esta nova Lei de Augas ten como único obxectivo incrementar a  recadación por parte do goberno do Sr. Feijóo a costa de todos os  galegos e galegas”. Dende o BNG non entenden que nun momento como o que atravesamos,de grave
crise económica e cun importante número de galegos e galegas no paro, o  Goberno do PP leve adiante esta lei inxusta e antisocial que prexudica á  inmensa maioría da poboación de Galiza.
O deputado Henrique Viéitez na súa intervención puxo un exemplo práctico  co que quedou claro o que vai representar nas economías domésticas o  novo canon da auga: “Unha familia de tres membros cun consumo de 30m3  mensuais verá incrementado o seu recibo en case que 10 euros ao mes”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: