JAVIER GUERRA SALIENTA A IMPORTANCIA DA CONEXIÓN ENTRE OS CENTROS DE COÑECEMENTO E O TECIDO PRODUTIVO PARA AVANZAR NO CAMIÑO DA INNOVACIÓN EMPRESARIAL

O conselleiro de Economía e Industria afirma na presentación de resultados do Centro Tecnolóxico de Comunicacións de Galicia que “é necesario xerar riqueza económica da man da investigación e a innovación”

  • Javier Guerra define Gradiant como unha “combinación do mellor do mundo universitario e do mundo empresarial nun clima de innovación aberta, no que prima a colaboración coa empresa para incrementar a súa participación en proxectos a nivel nacional e europeo”,
  • Esta colaboración, apunta, “fai deste centro un exemplo dos obxectivos que persegue o novo Plan de Investigación, Innovación e Crecemento”
  • A nova estratexia da Xunta, recollida no novo plan, dotado con máis de 190 millóns de euros,estimulará o crecemento económico e social de Galicia mediante o impulso e consolidación do seu capital científico e tecnolóxico facilitando as relacións entre os centros de coñecemento e as empresas para superar eivas pasadas”

 O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, cualificou hoxe ao Centro Tecnolóxico Gradiant, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacóns de Galicia, como un “cómplice” da estratexia da Xunta de Galicia no cambio de paradigma que o novo Plan de Investigación, Innovación e Cremento, dotado con máis de 190 millóns de euros, vai instaurar no Sistema Gelego de I+D+i para “profundizar na conexión entre os centros de coñecemento e as empresas para xerar riqueza económica da man de investigación e da innovación”. Javier Guerra, que participou na presentación de resultados do ano 2010 de Gradiant como presidente do patronato e Consellería de Economía e Industria, salientou que “a Xunta aposta pola posta en valor do coñecemento xerado polo Sistema Galego de I+D+i como única vía para crear emprego cualificado estable, tal e como fixo Gradiant, e como motor para estimular o crecemento económico e social de Galicia mediante o impulso e consolidación do seu capital científico e tecnolóxico facilitando as relacións entre os centros de coñecemento e as empresas para superar eivas pasadas”. O conselleiro de Economía e Industria definiu Gradiant como unha “combinación do mellor do mundo universitario e do mundo empresarial nun clima de innovación aberta, no que prima a colaboración coa empresa para incrementar a súa participación en proxectos a nivel nacional e europeo, o que fai deste centro un exemplo dos obxectivos que persegue o novo Plan de Investigación, Innovación e Crecemento”.Javier Guerra apuntou que a conexión de Gradiant co mundo empresarial “permitiu ao centro reducir a súa dependencia de financiamento directo da Xunta a menos dun 30%, crear máis de 50 empregos de alta cualificación, colaborar con máis de medio centro de empresas e duplicar a súa facturación en proxectos de I+D+i directamente relacionados co tecido produtivo”. “Ademais –apuntou o conselleiro-, Gradiant tamén é un exemplo tanxible do traballo ben feito na consecución de fondos procedentes do exterior, e acadou o seu primeiro proxecto europeo, o Proxecto Signed, o recoñecemento do Centro para o Desenvolvemento tecnolóxico Industria, ademáis de ser o centro con maior actividade en proxectos do Fondo tecnolóxico”. O responsable do departamento de Economía e Industria da Xunta de Galicia lembrou que a Xunta xa leva tempo traballando na conexión da investigación e a innovación co tecido produtivo galego, “e por iso puxemos en marcha a pioneira Rede Xestores de Innovación, Xiga, que permitiu a incorporación de medio cento de expertos apoiados pola Xunta en outras tantas empresas “co obxectivo de capacitar ao tecido produtivo para convertelo nas promotor do aumento da súa competitividade a través de recursos propios dan man da investigación e a innovación”.Javier Guerra tamén aproveitou a súa comparecencia en Gradiant para lembrar o importante esforzo de investimento que a Xunta está a levar a cabo en materia de I+D+i, “mobilizando no ano 2010 case 90 millóns de euros, dos que máis de 47 estiveron directamente vinculados coa innovación empresarial e outras accións que repercutiron directamente no incremento da competitividade do sector produtivo galego”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: