PORTOS DE GALICIA PRIORIZARÁ A CONSTRUCIÓN DUNHA NOVA LONXA E O TRAVELLIFT DE CESANTES, EN RESPOSTA ÁS NECESIDADES POSTAS DE MANIFESTO POLA MESA DE TRABALLO

Técnicos do ente público, municipais, Corporación e profesionais consensuaron o desenvolvemento dos proxectos de maior urxencia

Portos de Galicia dará prioridade absoluta á construción da nova lonxa de Cesantes entre as actuacións previstas no programa de inversións que destina 6 millóns de euros para a remodelación das instalacións portuarias do municipio pontevedrés de Redondela. Así o ratificou o ente público tras escoitar aos técnicos e profesionais da localidade, así como á Corporación, nunha mesa de traballo. A urxencia dos profesionais por unha nova lonxa que poña a disposición do sector unhas instalacións acordes ao nivel de traballo de Cesantes quedou de manifesto no encontro. Polo tanto, Portos de Galicia, en resposta, confirmou a súa decisión de comezar a materializar o programa de investimentos con esta actuación, orzamentada en 600.000 euros. A nova lonxa suplirá as carencias da actual. Así mesmo, o organismo que preside José Manuel Álvarez-Campana, priorizará no tempo outra obra de destacada importancia, segundo puxo de manifesto a mesa de traballo: o travellift. Habilitarase unha nova zona de varada que sustituirá á rampla actual por unha explanada con foso para travellift. Esta actuación contará cunha achega de 900.000 euros. Este primeiro encontro técnico amosa, unha vez máis, o compromiso de Portos de Galicia co desenvolvemento definitivo das instalacións portuarias de Cesantes. Non en van o plan de investimentos para o porto de Cesantes recolle un total de dez actuacións, que suman un importe de 6 millóns de euros. Ademais das xa citadas, entre os outros proxectos recóllense a creación dun dique aboiante, departamentos de usuarios, un edificio de servizos náutico recreativos, a demolición do dique actual, as pontes para paso de auga, a urbanización do contorno, o dragado e a ampliación da superficie actual coa anexión dunha parcela contigua.

Proxecto multidisciplinar  A diversidade das actuacións proxectadas para o porto de Cesantes evidencia o carácter integral da reforma prevista por Portos de Galicia, que amosa de novo con esta proposta, a súa aposta pola optimización e impulso á actividade profesional nas instalacións portuarias galegas, mentres, en paralelo, desenvolve tamén as dotacións necesarias para sumar a estes portos aos usuarios da náutica recreativa. Dada a magnitude deste proxecto, o ente público aposta por crear sinerxias entre todos os sectores e administracións implicadas para optimizar o seu desenvolvemento e concibe este plan como unha proposta multidisciplinar aberta ás aportacións dende todos os ámbitos implicados.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: