A CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR AUMENTOU NUN 86 POR CENTO O FINANCIAMENTO DESTINADO EN 2010 AOS SERVIZOS SOCIAIS DE CRECENTE

  • A secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, realizou hoxe unha visita a esta localidade
  • En concreto, o orzamento outorgado para o servizo de axuda no fogar incrementouse en máis dun 100 por cento con respecto a 2009

A Consellería de Traballo e Benestar aumentou, en 2010, o financiamento destinado a axudar a financiar os servizos sociais do Concello de Crecente nun 86 por cento. Estas subvencións, que se conceden ao abeiro do coñecido como “Plan Concertado”, superaron os 115.000 euros durante o pasado exercicio nesta localidade, isto é, Crecente recibiu da Xunta 53.700 euros máis que en 2009. A secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, realizou hoxe unha visita a esta localidade, onde mantivo un encontro cos traballadores sociais do concello. Ademais, desprazouse á residencia de San Pedro, ao centro de discapacidade das “Escravas Virxe Dolorosas”, e á escola infantil. Con respecto ao financiamento do “Plan Concertado”, cabe destacar especialmente o incremento que se produciu no servizo de axuda no fogar, que aumentou o pasado ano nun 106 por cento con respecto a 2009, ao pasar de 41.472 euros a 85.629. Durante a súa visita, López Abella apostou pola colaboración institucional entre os concellos e a Xunta de Galicia, e destacou o esforzo que está a acometer o Goberno galego por prestar máis e mellores servizos sociais aos galegos e galegas, especialmente aos colectivos que máis o precisan.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: