a xunta, tal e como xa informou aos veciños hai dúas semanas, someterá a información pública o novo plan sectorial da etea antes de que remate o mes de febreiro

  • O Goberno galego reitera a súa disposición ao diálogo con todas as partes implicadas neste proxecto para recuperar e transformar a ETEA nun novo lugar de referencia para o barrio de Teis e para todos os cidadáns de Vigo.

 En relación coas declaracións realizadas hoxe polo alcalde de Vigo que, como ven sendo habitual, só teñen como obxectivo confundir á opinión pública e buscar enfrontamentos gratuítos co Goberno galego, a Delegación da Xunta en Vigo quere aclarar o seguinte: Tal e como explicou o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, aos representantes veciñais e asociativos de Teis o pasado 26 de xaneiro, a Xunta de Galicia someterá a información pública antes de que remate o presente mes de febreiro a modificación do Plan Sectorial da ETEA para dar cabida aos novos usos e zonificacións plantexados. Previamente, os trámites para proceder a dita modificación terán que ser aprobados polo Consello da Xunta. No período de información pública poderán plantexarse as alegacións que as entidades, administracións ou particulares consideren pertinentes. Cabe salientar que entre os novos usos plantexados atópanse os socioasistenciais (residencia xeriátrica, gardería e sede de asociacións veciñais) cumprindo deste xeito o compromiso asumido pola Xunta cos veciños de Teis. O Goberno galego reitera a súa disposición ao diálogo con todas as partes implicadas neste proxecto para recuperar e transformar a ETEA nun novo lugar de referencia para o barrio de Teis e para todos os cidadáns de Vigo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: