ECONOMÍA E INDUSTRIA IMPULSARÁ UN PLAN INTEGRAL DE INFRAESTRUTURAS ELÉCTRICAS PARA MELLORAR E GARANTIR O SUBMINISTRO NO MORRAZO

  •  
  • A mediación de Javier Guerra acada o compromiso de retirada do proxecto da subestación de Moaña por parte da empresa distribuidora  
  • Esta solución integral impulsada pola Consellería de Economía e Industria que dirixe Javier Guerra ten a finalidade de mellorar a calidade de vida da cidadanía e dar servizo aos parques empresariais e industriais da zona

A Consellería de Economía e Industria ten a intención de impulsar un plan especial de infraestruturas eléctricas para e península do Morrazo no que intervirán, ademais do Goberno de Galicia, a empresa distribuidora e os concellos afectados, e cuxa planificación comezará de inmediato. Así se acordou logo do encontro que mantiveron en Santiago o propio conselleiro con representantes da empresa distribuidora Gas Natural Fenosa e o deputado José Fervenza. A intervención e mediación do conselleiro Javier Guerra acadou o compromiso  da empresa distribuidora de retirar o proxecto de instalación de subestación eléctrica para Moaña. Esta solución integral impulsada pola Consellería de Economía e Industria que dirixe Javier Guerra ten a finalidade de mellorar e garantir o subministro eléctrico nesta zona para mellorar a calidade de vida da cidadanía, pero tamén para dar o apoio preciso aos parques empresariais e industriais da zona. A Consellería de Economía e Industria lembra que mobilizou durante o pasado ano 45 millóns de investimento para a mellora da calidade da subministración eléctrica nos concellos galegos co obxectivo último de avanzar nun dos obxectivos prioritarios para este Goberno da Xunta, que non é outro que garantir a calidade do subministro eléctrico, traballando para impulsar melloras que aumenten a calidade das infraestruturas e servizos eléctricos, e polo tanto a calidade de vida en todos os concellos galegos, especialmente os do rural. A Consellería de Economía e Industria entende que é fundamental incentivar a mellora da calidade da subministración eléctrica que as compañías prestan aos galegos para garantir o axeitado desenvolvemento das nosas vilas e cidades, e o desenvolvemento do tecido empresarial, pero tamén para incrementar o respecto aos dereitos dos consumidores garantindo a mellora continuada dos servizos de subministro eléctrico.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: