A XUNTA DESTACA QUE NINGUNHA DAS 7 CIDADES DE GALICIA SUPERIOU OS VALORES LÍMITES DE DIÓXIDO DE NITRÓXENO NOS ANOS 2009, 2010 NIN NO QUE VAI DE 2011

  • Todas as urbes galegas mantiveron a súa media anual de NO2 por debaixo dos valores límite anuais, establecido en 42 µg/m3 en 2009 e en 40 µg/m3 a partir de 2010
  • No que vai de ano tampouco se superaron os valores límite horarios
  • Nunca se superaron os 400 μg/m3 de NO2 durante tres horas consecutivas en ningún momento en ningunha cidade de Galicia, polo que non houbo necesidade de alertar á poboación
  • Tendo en conta o que establece a lexislación vixente, é totalmente falso que o límite legal de 200 μg/m3  nunha hora se sobrepasara en varias ocasións en Ourense, Santiago, Pontevedra, Vigo ou Ferrol no mes de febreiro

  Ningunha das 7 principais cidades de Galicia superou nos anos 2009 e 2010, nin no que vai de 2011, os valores límite horarios de dióxido de nitróxeno (NO2), establecido en 200 µg/m3 (microgramos por metro cúbico) que non poden superarse en máis de 18 ocasións nun ano civil. Todas as urbes galegas mantiveron a súa media anual de NO2 por debaixo dos valores límite anuais, establecido en 42 µg/m3 en 2009 e en 40 µg/m3 a partir de 2010. Os xenericamente chamados óxidos de nitróxeno (NOx) están compostos pola mestura de tódolos compostos presentes na atmosfera que conteñen osíxeno e nitróxeno, coma NO, NO2, N2O, N2O3, N2O4,  entre outros. De todos eles, a especie maioritaria é o NO2, que é o único contaminante dos que compoñen os NOx sobre o que están lexislados os seus valores límite. Estes valores límite para a protección da saúde humana se recollen no Apartado A.II do anexo I do RD 102/2011, de 28 de xaneiro, relativo á mellora da calidade do aire e son

  • Valor límite media anual,  40 μg/m3,
  • Valor límite horario, 200 μg/m3, que non pode superarse máis de 18 veces por ano civil,
  • Valor límite de alerta, 400 μg/m3 , polo que hai que dar aviso á poboación si se supera durante máis de 3 horas consecutivas.

O NO2 utilízase como marcador das mesturas de contaminantes relacionados coa combustión, en particular os que se emiten no tráfico por estrada.   En relación ás afirmacións totalmente exentas de base científica e legal realizadas onte á prensa por un biólogo, procede indicar o seguinte:     Para o NOx a lexislación vixente non establece valores límite. Polo tanto, o límite legal de 200 μg/m3 para o dióxido de nitróxeno (NO2) non se aplica aos NOx.   Tendo en conta o que establece a lexislación vixente, é totalmente falso que o límite legal de 200 μg/m3  nunha hora se sobrepasara en varias ocasións en Ourense, Santiago, Pontevedra, Vigo ou Ferrol no mes de febreiro. O referido biólogo confunde unha vez máis os NOx co NO2, aplicando para os primeiros o valor limiar aplicable unicamente e exclusivamente para os segundos.     Maniféstase que “en Ourense aparecen picos de 523, 517 e 504 microgramos entre as oito e as dez da noite do pasado día 2”, o que tampouco é certo. Os datos correspondentes á citada noite son os seguintes:

Ourense NO2
02/02/2011 20:00 90
02/02/2011 21:00 83
02/02/2011 22:00 70

 Son valores totalmente normais, tendo en conta que é unha estación que mide a contaminación producida polo tráfico rodado. Os valores horarios rexistrados de NO2 están moi lonxe de superar o valores limiar horario.       Por último, nunca se superaron os 400 μg/m3 de NO2 durante tres horas consecutivas en ningún momento en ningunha cidade de Galicia, polo que non houbo necesidade de alertar á poboación. A Xunta de Galicia quere facer un chamamento á responsabilidade para non alertar innecesariamente á poboación cando, de acordo coa lexislación vixente, non se dan as circunstancias para facelo.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: