Novacaixagalicia convoca as bolsas de iniciación profesional en empresas galegas

  • Os bolseiros traballarán en proxectos medioambientais ou de innovación
  • O índice de empregabilidade das bolsas achégase ao 70%
  • 800.000 euros de investimento e 250 bolseiros dende 2009

O Instituto de Desenvolvemento Novacaixagalicia abriu o proceso de inscrición para o programa de Bolsas de Iniciación Profesional, que permitirá durante 2011 realizar prácticas laborais  a uns 100 titulados universitarios. Os bolseiros desenvolverán proxectos de contido medioambiental ou de innovación tecnolóxica en empresas galegas. Esta iniciativa enmárcase no obxectivo da caixa galega “de promover programas que potencien a creación de emprego e que reforcen a competitividade, as boas prácticas e a innovación nas nosas empresas”, segundo o director do Instituto, José Lino Comesaña. Unha vez elixidas as propostas, Novacaixagalicia porá a disposición das empresas promotoras, tras un proceso de selección onde participarán as compañías, a aqueles bolseiros cunha capacitación e coñecementos que mellor se axusten aos requirimentos esixidos para cada proxecto. A bolsa terá unha duración de seis meses e os beneficiarios percibirán, en concepto de axuda para aloxamento e manutención, unha bolsa de estudos cunha dotación económica mensual. As Bolsas de Iniciación Profesional do Instituto de Desenvolvemento favoreceron na pasada edición a posta en marcha de 100 proxectos, ademais de servir aos que veñen de titularse de ponte entre a universidade e a empresa. Ademais, arredor do 70% destes mozos conseguiron un emprego, ben na empresa na que estivesen levando a cabo as prácticas ou en empresas relacionadas co proxecto. Os bolseiros son, na súa maioría, titulados en enxeñarías químicas, industriais, forestais ou de minas, así como licenciados en Ciencias Químicas e Ambientais. Os proxectos de carácter medioambiental previstos na presente edición deberán axustarse a algunha das seguintes temáticas: eco-eficiencia, eco-clientes, eco-innovación, tecnoloxías ambientais, eco-xestión, biodiversidade e natureza ou sensibilización e comunicación ambiental. Pola súa parte, as iniciativas de innovación tecnolóxica deberán buscar unha flexibilidade eficiente en custos mediante: o desenvolvemento e implantación de automatismos, incorporación do uso das TIC´s, ampliación da cadea electrónica de compras/vendas, implantación ou desenvolvemento de sistemas de xestión de recursos ou busca de flexibilidade eficiente en custos. Ponte entre a universidade e a empresa: Con este programa de bolsas perséguese conxugar un triple obxectivo: mellora da competitividade das empresas, construíndo pontes entre o tecido produtivo e o coñecemento; ampliación das oportunidades de empregabilidade dos mozos universitarios e, finalmente, compromiso coa economía do coñecemento, tanto no respecto ao medio ambiente e a sostibilidade dos recursos como na aposta pola innovación empresarial que redunde nunha flexibilidade eficiente en custos O Instituto de Desenvolvemento Novacaixagalicia, promotor desta iniciativa, impulsou dende a súa creación en 2003 un gran número de actividades focalizadas no fomento do emprego, a innovación empresarial, a internacionalización, a cooperación e as políticas medioambientais para un desenvolvemento sostible, das que se beneficiaron máis de 65.000 persoas. Nos últimos tres anos concedéronse máis de 250 bolsas deste tipo, cun investimento total da Obra Social de aproximadamente 800.000 euros. Durante 2011, a caixa de aforros galega continuará reforzando as accións dirixidas á investigación e apoio aos sectores produtivos, á asistencia social e fomento do emprego e á formación, como eixes clave para o desenvolvemento do medio nunha situación de difícil conxuntura como a actual.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: