PORTOS DE GALICIA ESTUDARÁ AS POSIBILIDADES DE MELLORA DA ACTIVIDADE PESQUEIRA E AS INFRAESTRUTURAS DOS PORTOS DE BUEU E BELUSO

O presidente do ente público reuníuse cos representantes da confraría para avaliar as necesidades do pósito

O presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, reuniuse esta tarde co Patrón Maior e os representantes da confraría de Bueu para avaliar as necesidades primordiales do pósito e dos usuarios dos portos do municipio, Bueu e Beluso. Tras escoitar as demandas da confraría, Álvarez-Campana comprometeu a realización dun estudo de posibilidades de mellora da actividade pesqueira e as infraestruturas de ambos peiraos. O ente público elaborará unha proposta de intervención en ambos espazos portuarios para dar resposta ás carencias que evidencian actualmente e que dificultan o traballo do sector en dous dos portos de maior importancia pesqueira na comarca. Non en van, cómpre lembrar que tanto Bueu como Beluso, xunto con Marín, son os portos de máis actividade do sector pesqueiro en toda a ría de Pontevedra. Entre as melloras solicitadas ás que o ente público presentará proximamente unha solución viable atópase a ampliación e reordenación de espazos no porto de Bueu. Deste xeito estudarase a posibilidade de dotar dunha maior infraestrutura a esta instalación que mellore as condicións de traballo dos profesionais nela. Finalmente, en canto ao porto de Beluso, Portos de Galicia priorizará o traballo relativo á mellora dos accesos. Actualmente, o viario que comunica o porto coa vila presenta diversas deficiencias que serán subsanadas para incrementar a seguridade tanto dos usuarios do porto, como do global da poboación. Para elo incorporarase, entre outras actuacións, unha pasarela peonil, que facilitará os accesos a pé a esta zona, de gran afluencia turística.

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: