A XUNTA COMUNICA AO CONCELLO QUE O VINDEIRO LUNS COMEZARÁ OS TRABALLOS NA PARTE DE VIGO DAS OBRAS DE AMPLIACIÓN DO ABASTECEMENTO AO MORRAZO, CONFORME AO PROXECTO AUTORIZADO POLO ALCALDE

  • A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas considera urxente ter establecida, como mínimo, a conexión co antigo emisario, para evitar o risco de desabastecemento á península do Morrazo
  • O Concello de Vigo mantén paralizada a autorización porque agora esixe á Xunta  que asuma un novo proxecto de urbanización que implica un sobrecusto dun 62% sobre o importe do proxecto orixinal
  • A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas remitiu hoxe un escrito ao Concello de Vigo comunicando que o vindeiro luns, 14 de febreiro, iniciaranse as obras de ampliación do abastecemento ao Morrazo correspondentes á zona de Vigo, conforme á autorización da xunta de Goberno local e coas condicións que recolle o proxecto aprobado polo concello.
     Os traballos iniciais consistirán na realización de catas e recoñecemento de servizos para a instalación da tubaxe de fundición terrestre de abastecemento de auga ao Morrazo. As zonas que se que iniciarán este traballos son a rúa Cantabria, rúa Enrique Lorenzo e Camiño de Espiñeiro.
    Tal e como se recolle no acordo do 23 de marzo de 2009- asinado polo propio alcalde de Vigo, Abel Caballero-, a xunta de Goberno local outorga todas as autorizacións municipais necesarias para a realización da obra. A pesares dixo, Augas de Galicia leva case un ano de negociacións co Concello de Vigo para poder iniciar as obras (a primeira reunión foi o 25 de marzo de 2010). O Concello non respondeu oficialmente ata o 17 de decembro de 2010 esixindo unhas condicións inaceptables, que consisten en que a Xunta execute unhas obras non contempladas no proxecto e cuxo orzamento se eleva a 3,4 millóns de euros máis do previsto, ou o que é o mesmo, un incremento dun 62% en sobrecustes sobre o proxecto aprobado. Dende Augas de Galicia recórdase que os termos do proxecto autorizado polo concello consisten en repoñer os viais e servizos ao seu estado orixinal logo de realizada a obra hidráulica. O Goberno galego considera urxente iniciar as obras no lado de Vigo, xa que é imprescindible telas rematadas no verán, como mínimo a conexión co antigo emisario, sobre todo tendo en conta os incidentes da semana pasada na antiga tubaxe que evidencian o risco de desabastecemento da península do Morrazo. Por outro lado, a Consellería de Medio Ambiente advirte que de continuar con esta actitude se condicionan o cumprimento dos prazos desta obra. Na actualidade os traballos na parte do Morrazo xa están concluídos e nas vindeiras semanas se iniciarán os traballos de obra submarina.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: