O CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE BOUZAS REÚNE A MÁIS DE 200 USUARIOS E USUARIAS PARA CELEBRAR O SEU XXV ANIVERSARIO

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, participou hoxe nos actos conmemorativos que se levaron a cabo no hotel Coia.

O centro sociocomunitario de Bouzas, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, celebrou hoxe o seu XXV aniversario cun xantar conmemorativo no que participaron máis de 200 usuarios e usuarias do centro social. A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, participou hoxe neste acto conmemorativo que pretendía ser unha actividade aberta a todos os usuarios e usuarias durante a xornada de hoxe. O acto, que tivo unha moi boa acollida, comezou ao mediodía cun xantar no hotel Coia para despois seguir con música e baile durante toda a tarde. Asistiron os usuarios e usuarias do centro de Bouzas que día a día realizan as distintas actividades que se ofertan así coma o presidente do Consello de Usuarios, a directora do centro, antigos directores e representantes da Consellería de Traballo e Benestar en Vigo. Os usuarios e usuarias do centro sociocomunitario de Bouzas teñen unha ampla oferta anual de actividades que pasa por obradoiros culturais, de alfabetización, axilidade mental, corte e confección, bolillos ou informática, entre outros, así coma cursos de canto, pilates, ioga, ximnasia de mantemento, taichi e, incluso, máis novidosos coma un obradoiro de cine no que os propios alumnos e alumnas levaron a cabo toda a realización e produción de catro cortos cinematográficos que estrearán próximamente.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: