250 PERSOAS ACCEDERON A UN EMPREGO A TRAVÉS DO SERVIZO DE INTERMEDIACIÓN LABORAL DA DEPUTACIÓN, QUE TRABALLA ACTUALMENTE NA OCUPACIÓN LABORAL DOUTROS 950 PARADOS

O Servizo de Intermediación Laboral (SIL) da Deputación Provincial de Pontevedra posibilitou que 250 persoas empadroadas na provincia de Pontevedra accederan a un emprego. Actualmente traballa na ocupación laboral doutras 980 persoas que permanecen paradas. Das insercións laborais acadadas compre salientar que na súa maioría se realizaron nos sectores da atención a persoas, hostalería e comercio.  O 90% das persoas que acadaron un emprego teñen nacionalidade española e o 10% restante doutras nacionalidades. Precisamente, este servizo de intermediación laboral capta as ofertas revisando distintos medios (prensa, internet) e establece un contacto directo coas propias empresas a fin de acadar a contratación laboral efectiva dun xeito áxil, gratuíto e personalizado. Ata o momento o servizo estableceu un contacto directo con máis de 500 empresas. O SIL iniciou a súa andaina no ano 2010 a través do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios da Deputación co obxectivo de canalizar as ofertas de contratación das empresas da provincia cara as persoas que tivesen participado en accións formativas organizadas pola entidade provincial, completando deste  xeito un itinerario personalizados de inserción para cada beneficiario. O deseño do SIL está formulado para detectar as necesidades formativas das actividades empresariais e impulsar as accións formativas que dean resposta a tales necesidades. Deste xeito, os beneficiarios do traballo do SIL son aquelas persoas que participaron nos proxectos formativos da Deputación tales como Aquelando 2 (que na actualidade está desenvolvendo as últimas accións formativas); o Obradoiro de emprego Mobilia; Plan de Formación para o Emprego e os usuarios do servizo de Orientación Profesional da Deputación.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: