A SECRETARIA XERAL PARA O TURISMO PRESENTA EN OURENSE O PASO POR GALICIA DA LXVI EDICIÓN DA VOLTA CICLISTA A ESPAÑA

  • A Volta Ciclista a España 2011, que se celebrará entre os días 20 de agosto e 11 de setembro, contará en Galicia con dous tramos: Verín-Alto de Cabeza de Manzaneda, e mais Ponteareas-Pontevedra. En total a Volta percorrerá 331 quilómetros en Galicia.
  • Ao acto asistiron asemade o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez; o presidente da Deputación de Ourense, José Luís Baltar; e o Director Xeral da Volta Ciclista, Javier Guillén.

O Centro Cultural Simeón da Deputación de Ourense acolleu esta tarde a presentación aos medios do paso da Volta Ciclista a España por Galicia. Durante o acto, ao que asistiron a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo; o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez; o Director Xeral da Volta Ciclista, Javier Guillén, e o presidente da Deputación de Ourense, José Luís Baltar, informouse de que os tramos que percorrerán os ciclistas da competición serán Verín-Alto de Cabeza de Manzaneda e mais Ponteareas-Pontevedra. O primeiro tramo consta de 171 quilómetros e disputarase o día 31 de agosto. O segundo tramo, dun total de 160 quilómetros, disputarase ao día seguinte. A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, cualificou o paso da competición ciclista por Galicia como “un gran escaparate para todos os lugares galegos polos que discorre” e resaltou a capacidade dun evento deportivo destas características para dar a coñecer o potencial do noso deporte. Do mesmo xeito, destacou a capacidade da práctica deportiva para fomentar valores como a solidariedade e o respecto entre xeracións diferentes, así como o compromiso da Administración Autonómica por potenciar o deporte dentro da oferta lúdica e cultural da nosa comunidade autónoma.
Así mesmo, Pardo quixo sinalar que o deporte constitúe un modo de complementar a nosa oferta turística e que o feito de ter a posibilidade de asistir a eventos deportivos ou de participar activamente neles contribúe a xerar unha imaxe de Galicia dinámica, moderna e adaptada ás necesidades dos novos tempos. Destacou o esforzo da Administración Turística por potenciar recursos turísticos relacionados coa práctica do golf ou a náutica, por exemplo, coa fin de promover ofertas mixtas que permitan disfrutar das posibilidades turísticas do destino Galicia. Na súa intervención, Carmen Pardo fixo un guiño á nova marca turística Galicia. Gárdasme o segredo?, e comentou que a Volta Ciclista a España serviranos tamén para “revelar os nosos segredos”. “Ourense mostrarase como a capital do relax e do turismo de saúde e benestar, así como o epicentro da diversión polos seus Entroidos, conformando así un exemplo das posibilidades do multidestino que é Galicia”, dixo. Carmen Pardo agradeceu á Deputación de Ourense a súa colaboración neste proxecto que considerou “moi rendible para a difusión da nosa terra como destino turístico”. A secretaria xeral para o Turismo informou tamén de que a chegada das 1.500 persoas que forman parte da loxística da proba suporá tamén un gran impacto económico para todos aqueles lugares polos que discorre a Volta Ciclista a España. Resaltou que, segundo a empresa organizadora, estímase que a competición xerará 250.000 euros diarios en cidades como Pontevedra, que acolle a todo ese equipo de profesionais. A Volta Ciclista inclúe tamén unha campaña de comunicación e promoción integral que garante a difusión e a visibilidade internacional a través de microespacios de dous minutos en medios de comunicación e tamén de actividades programadas nas zonas VIPs de saída, con degustacións gastronómicas de produtos típicos de Galicia regados con viños das 5 Denominacións de Orixe.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: