A XUNTA INVESTIU NO ANO 2010 EN VIGO UN TOTAL DE 13,6 MILLÓNS EN AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL, PLAN CONCERTADO E LIBRANZAS DE DEPENDENCIA

  • A través do Plan Concertado, que ten coma obxectivo mellorar o mantemento dos servizos sociais básicos dos concellos, o Concello de Vigo contou cun orzamento superior aos 1,7 millóns de euros
  • A partida destinada para libranzas de dependencia chegou case aos 6,5 millóns de euros, cifra que aumentou en case 2 millóns de euros con respecto ao ano 2009 e que supón un incremento do 44,2%
  • A Consellería de Traballo e Benestar investiu 5,3 millóns de euros nas axudas da RISGA e Emerxencia Social, prestacións de competencia autonómica cuxa tramitación lle corresponde aos concellos

Durante o ano 2010 un total de 13,6 millóns de euros en axudas de servizos sociais relativas ao Plan Concertado, libranzas de Dependencia e Axudas de Emerxencia Social (RISGA e AES), o que amosa o seu compromiso cos colectivos máis vulnerables e que se verá renovado ao longo deste ano 2011. En concreto, a través do Plan Concertado, que ten coma obxectivo mellorar o mantemento dos servizos sociais básicos dos concellos, o Concello de Vigo contou cun orzamento superior aos 1,7 millóns de euros. Dentro deste investimento, tivo especial importancia a partida asignada para prestar o servizo de axuda no fogar para persoas dependentes, que este ano chegou a 1 millón de euros e que supuxo un aumento dun 2,4% con respecto ao ano 2009. Ademais, con estas axudas concedidas pola Consellería de Traballo e Benestar, a Administración local puido prestar outros servizos de axuda no fogar para persoas non dependentes así coma levar a cabo a contratación de 27 traballadores para a área social da cidade olívica, 18 traballadores sociais, 1 técnico de grao medio, 3 técnicos de grao superior e 5 auxiliares administrativos. O orzamento destinado para contratar a este persoal foi de 420.000 euros.   Mentras, no que atinxe ao investimento destinado ás axudas para a dependencia, no que se refire ás libranzas vinculadas ao servizo e ao coidador, a Xunta de Galicia destinou no ano 2010 case 6,5 millóns de euros. Esta asignación viuse incrementada con respecto ao ano anterior en case 2 millóns de euros, o que supón un aumento do 44,2%. A Consellería de Traballo e Benestar está a impulsar as libranzas vinculadas ao servizo. Así, ao longo do ano 2010, en Vigo rexistrouse un aumento do 156% pasando de 113 usuarios atendidos no 2009 a 290 no ano 2010. Tamén houbo un incremento nas libranzas ao coidador, que en total foron de 1.376, o que supuxo un aumento do 48,7%. RISGA e AES  Por último, no que respecta ás Axudas de Emerxencia Social (RISGA e AES), Benestar destinou 5,3 millóns de euros ao Concello de Vigo, co que se viron beneficiados un total de 1.892 persoas en risco de exclusión social. Concretamente, para as axudas da RISGA (Renda de Inserción Social de Galicia), prestación cuxa concesión é exclusivamente competencia da Administración autonómica mentras que a tramitación das solicitudes corresponde aos concellos, a Xunta destinou ao Concello de Vigo máis de 4,7 millóns de euros cos que se atendeu a máis dun millar de persoas. Hai que lembrar que a RISGA é unha prestación social destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, así como a acadar a súa autonomía e integración normalizada mediante un proxecto personalizado de inserción. En canto prestación económica, ten un carácter alimenticio, persoal e non transmisible, e non poderá ser obxecto de embargo ou retención nin darse en garantía de obrigas. O importe do subsidio básico para este ano 2011 é de 399, 38 euros, cifra que pode incrementarse con complementos por fillo a cargo. No tocante ás AES (Axuda de Emerxencia Social), a Consellería de Traballo e Benestar investiu case 700.000 euros para beneficiar a 869 persoas. Este tipo de axudas son prestacións económicas de pagamento único destinadas a paliar necesidades extraordinarias e urxentes de persoas afectadas por situacións de emerxencia. A contía que se lles concede aos beneficiarios depende do tipo de axuda que soliciten e dos ingresos que dispoñan. Estas axudas teñen un carácter finalista e son incompatibles con calquera outra prestación pública que lle puidese corresponder ao beneficiario para a mesma finalidade. Son pagos únicos que van desde os 1.065 euros ata os 5.325.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: