UNS 800 ALUMNOS DE PRIMARIA PARTICIPARÁN ESTE ANO NO PROGRAMA EDUCATIVO DE MEDIO RURAL "MERGULLÁNDOSE NAS ILLAS ATLÁNTICAS"

  • O obxectivo desta iniciativa é difundir entre os estudantes os valores naturais deste espazo e que se impliquen na súa protección e conservación.
  • A Consellería desenvolve ao tempo o programa “Coñece as Illas Atlánticas”, dirixido a escolares da ESO

 Uns 800 alumnos de 24 diferentes centros de ensino de concellos situados no entorno do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia van participar na edición de 2011 do programa educativo “Mergullándose nas Ilas Atlánticas”, que pon en marcha a Consellería do Medio Rural e que se desenvolverá durante os vindeiros meses de marzo e maio. O obxectivo desta iniciativa é difundir entre os estudantes os valores naturais deste espazo e que se impliquen na súa protección e conservación. Este programa vai dirixido aos alumnos de 5º de Educación Primaria dos municipios do entorno costeiro do Parque. Nesta edición participará un total de 796 rapaces de colexios de Cambados, Cangas, Marín, Moaña, Nigrán, Pontevedra, Redondela, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vigo. “Coñece as Illas Atlánticas” Esta iniciativa súmase ao programa “Coñece as Illas Atlánticas”, dirixido neste caso aos alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Ao longo deste mes de febreiro guías do propio parque desprázanse aos centros públicos e concertados pertencentes aos catro municipios da área de influencia socioeconómica do espazo protexido (Vigo, Bueu, Vilagarcía de Arousa e Ribeira) para levar a cabo diferentes actividades divulgativas.   Estas accións, deseñadas e dirixidas polos guías intérpretes do Parque Nacional, realízanse nos propios centros educativos que previamente solicitaron a súa participación. Ao finalizar, os alumnos poden participar nun concurso cuxo premio consistirá nunha visita guiada a un dos arquipélagos do Parque Nacional. Con estes programas educativos quérese dar a coñecer e achegar aos nenos os valores naturais e culturais deste espazo natural, dun xeito ameno e cunha metodoloxía o máis participativa posible.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: