As reservas de medicións antrópometricas en asociacions veciñas chegan ata o mes de xullo.

A alta demanda evidencia o grande éxito do programa que se inclúe no Plan Saúde

  • A concellería de Sanidade presentou o programa gratuíto de medicións en asociacións para previr e detectar posibles cardiopatías.
  • Nas medicións xa realizadas en Coruxo despréndese que tan só un 11,1% da poboación medida atópase en situación de “normopeso”.
  • A resposta evidencia que achegar o equipo técnico ao entorno de cada asociación facilita o aceso as persoas de idades avanzadas.
  •  As reservas de medicións antropométricas en asociacións de veciños teñen case esgotadas as datas ata o mes de xullo. Así se desprende dos datos que manexan desde o departamento da Concellería de Sanidade que o pasado 25 de xaneiro presentou a posta en marcha dunha iniciativa gratuíta que pretende previr e detectar posibles cardiopatías na poboación de maior idade. Polas altas solicitudes de medicións que se demandan no Plan Saúde pódese  comprobar a efectividade da medida: achegar o equipo técnico ao propio entorno de cada asociación facilita moito o acceso a persoas de idade avanzada que non poden acudir ao Concello. As medicións xa rematadas na Asociación de Veciños de Coruxo revelan que tan só un 11,1% da poboación medida atópase en situación de “normopeso” e o restante 88,9% encádrase nos diferentes estadios de “sobrepeso” e “obesidade”. Tendo en conta a importante relación deste parámetro co risco cardiovascular, todas as persoas que se mediron poderán recibir pautas e recomendacións nutricionais encamiñadas a corrixir o sobrepeso e diminuír por tanto o Índice de Risco Cardiovascular. A semana pasada xa comezaron as medicións na Asociación de Veciños de O Calvario, onde a Unidade estará presente ata o 24 de febreiro, á que seguirán as asociacións de San Andrés de Comesaña, Praza da Miñoca, Zamáns, Lavadores, Sárdoma e San Roque. Todos os interesados en facer estas medicións deben inscribirse gratuitamente na súa asociación de veciños ou consultar dispoñibilidade na Unidade Saudable do Concello de Vigo. A concelleira socialista, Chus Lago, subliñou que a posta en marcha deste novo programa de medicións antropométricas está destinado, neste caso, ás persoas maiores do municipio vigués. Tras o estudio antropométrico realizado o pasado ano na poboación infantil, o Plan Saúde busca agora a prevención desprazando un equipo móbil a aquelas asociacións de veciños que o soliciten. O equipamento da Concellería de Sanidade permite medir a altura, peso, tensión arterial, índice de masa corporal, metabolismo basal, niveis de graxa e niveis de auga corporal. Unha vez recollidos estes datos e sumados aos que facilita o propio doente -coma os índices de colesterol, se é ou non fumador…- estímase co software do Plan Saúde o Índice de Risco Cardiovascular e infórmase ao cidadán das recomendacións en materia de nutrición e actividade física ademais de derivalo ao seu médico de familia, no caso de detectar que algún parámetro está fora dos niveis recomendables. Todas as asociacións que queiran adherirse a esta iniciativa deberán poñerse en contacto co persoal da Unidade Saudable a través do 010 ou no mesmo Plan Saúde.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: