O GOBERNO GALEGO DUPLICOU EN MENOS DE DOUS ANOS O NÚMERO DE DEPENDENTES ATENDIDOS EN TODA A LEXISLATURA ANTERIOR

  • A Xunta atendeu a 42.185 dependentes desde a entrada en vigor da Lei de Dependencia, dos que máis de 28.000 foron atendidos nos últimos 20 meses
  • Galicia é a oitava comunidade autónoma con máis prestacións recoñecidas
  • A Consellería de Traballo e Benestar está a priorizar a concesión de libranzas vinculadas á adquisición de servizos, unhas axudas que multiplicáronse case por oito con respecto á anterior lexislatura
  • O compromiso da Administración autonómica coa dependencia demóstrase nos orzamentos, xa que dos 360 millóns de euros reservados para este ano, a Xunta achega o 73% mentres que o 27% restante é achegado por Estado e os usuarios
  • No que vai de lexislatura, a partida orzamentaria destinada a dependencia incrementouse un 144%

A Consellería de Traballo atendeu a máis de 28.000 persoas dependentes nos últimos 20 meses, cifra que supón incrementar a atención nun 201,32 por cento máis que en toda a lexislatura anterior, que rematou con 14.000 persoas atendidas. Estes datos sitúan a Galicia como a oitava comunidade autónoma con máis prestacións recoñecidas. Ademais, o Goberno galego está a dar prioridade á concesión de libranzas vinculadas aos servizos, prestacións que para a Administración autonómica supoñen un maior custe en comparación coas libranzas de coidador. Así, este tipo de axudas multiplicáronse case por oito con respecto á anterior lexislatura, en concreto, o incremento é dun 782,95%.  Pasáronse das 352 concedidas en maio de 2009 ás 2.556 actuais. É preciso salientar tamén o incremento que está facer a Xunta na posta en marcha de prazas de servizos públicos. Así ata o de agora as prazas en residenciais para persoas maiores nun 25,67 por cento; as de centros de día de alzheimer nun 76,9 por cento e as de persoas con discapacidade nun 12,65 por cento, Ademais, os servizos de teleasistencia incrementáronse nun 50 por cento e o financiamento do servizo de axuda no fogar nun 113 por cento. Así mesmo, a Xunta non só está a mellorar o número de persoas dependentes atendidas, senón que tamén optimizou e axilizou a xestión administrativa. Estes avances acadados na mellora da aplicación da Lei de Dependencia son posibles ao esforzo orzamentario que está a facer o Goberno galego neste eido. En total, os orzamentos de 2011 para o desenvolvemento da Lei de Dependencia suman 360 millóns de euros dos que o 73% será achegado pola Xunta mentres que o Estado só ingresará en Galicia 97 millóns de euros.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: