O tenente de alcalde pon a primeira pedra do pavillón de Candeán e comprométese a seguir mellorando a parroquia

 O tenente alcalde, Santi Domínguez, colocou hoxe a primeira pedra do pavillón polideportivo de Candeán, unha infraestrutura longamente agardada pola veciñanza, e comprometeuse a seguir traballando para mellorar a parroquia. “Esta é unha primeira pedra, pero temos que seguir facendo máis por Candeán”, afirmou o nacionalista.
 Santi Domínguez lembrou que a construción desta nova infraestrutura deportiva fora un compromiso que adquirira cando se presentou como candidato á Alcaldía hai catro anos. “Ese é o noso xeito de gobernar, cumprindo os nosos compromiso e estando coa xente. No BNG poñemos os nosos compromisos por riba das promesas”, afirmou.
 O tenente de alcalde afirmou que a construción deste pavillón era “unha obriga” para unha parroquia que alberga unhas completas instalacións deportivas dunha sociedade anónima deportiva, pero que non tiña un espazo acaído para a práctica deportiva dos veciños e veciñas. O nacionalista indicou que hoxe a vella demanda de Candeán de contar con pavillón empeza a facerse realidade e tamén é o exemplo do “empuxe que os barrios e parroquias teñen na nosa cidade”.
No acto de colocación desta primeira pedra, o tenente de alcalde estivo acompañado pola presidenta da Asociación de Veciños de Candeán, Mercedes Collazo, e os concelleiros de Deportes, Cultura e Patrimonio Histórico, así como por unha ampla representación dos veciños e veciñas. A presidenta da entidade veciñal asegurou que “hoxe é un día moi grato para Candeán”. Mercedes Collazo sinalou que este proxecto tivo que superar “moitas dificultades” e agradeceu a Santi Domínguez e a Xabier Alonso os seus esforzos para que saíra adiante.  Pola súa parte, o concelleiro de Deportes dixo que cando o pavillón esté rematado e haxa días como o de hoxe cunhas condicións climatolóxicas moi malas os nenos e nenas de Candeán terán un lugar onde acudir e poder practicar deporte. Xabier Alonso indicou que este pavillón é unha peza máis na aposta do BNG pola mellora das dotacións deportivas da cidade, entre as que citou os dous novos complexos de auga de Coia-Florida e Barreiro, a construción de novos campos de fútbol ou a mellora dos pavillóns xa existentes. “Non paramos. Queremos seguir traballando para mellorar as infraestruturas deportivas, porque iso é investir na mellora da calidade de vida da veciñanza. Son un concelleiro de Deportes afortunado porque o tenente de alcalde entende e comparte este criterio”, apuntou.
 O pavillón de Candeán ten un investimento próximo aos 2,2 millóns de euros e un prazo de execución de once meses. Conta cunha zona interior de 2.270 metros cadrados, onde se ubica un polideportivo con capacidade para 274 espectadores, seis vestiaros, dous aseos e un ximnasio, e unha zona exterior de 1.830 metros cadrados con pista polideportiva e unha zona de xogos tradicionais. O proxecto complétase cun aparcadoiro de 475 metros cadrados.
Xabier Alonso lembrou que este pavillón formaba parte dun convenio asinado coa anterior Xunta e que incluía tamén a renovación das pistas de atletismo de Balaídos. Segundo este acordo, o Concello asumía a construción deste polideportivo e a Xunta asumía a reforma das pistas. O concelleiro sinalou que o goberno de Vigo cumpre o seu compromiso, pero o novo Goberno do PP non fai o mesmo co seu.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: