Archive | febrero 15, 2011

Miguel Sebastián inaugura la nueva planta aeronáutica de Aernnova

  • El Gobierno ha puesto en marcha un Plan Estratégico del Sector Aeronáutico (PESA) que contempla un apoyo de 3.700 millones de euros en el periodo 2010-2014. La aeronáutica desempeña un importante efecto arrastre sobre otros sectores y mejora la competitividad de la economía.
  • El Ministerio de Industria, Turismo y Comercio ha puesto a disposición de Aernnova 130 millones de euros durante el periodo 2009-2013 en forma de préstamos para los trabajos en el programa del Airbus 350 XWB. Leer Más…

FEIJÓO GARANTE O COMPROMISO DA XUNTA CO SECTOR NAVAL E OS SEUS 10.000 TRABALLADORES A TRAVÉS DE ACHEGAS QUE SUPERAN XA OS 80 MILLÓNS DE EUROS

O titular do Goberno galego reitera o compromiso da Xunta de poñer toda a súa capacidade financeira a disposición da economía produtiva galega: “A disposición de aqueles que innovan, que melloran e que apostan pola calidade e pola competitividade dos seus produtos”

  • “Estamos traballando para garantir a fortaleza dos nosos estaleiros que operan na actualidade e blindar o que hai detrás deles: familias, postos de traballo e economía produtiva”, asevera
  • Destaca o desbloqueo de avais importantes para todos os estaleiros da ría de Vigo: 26 millóns de euros para Vulcano; 22 millóns para a Factoría Naval de Marín; 5 millóns para o estaleiro Metalships; “e imos seguir traballando para que os 10 millóns que ten comprometido Pymar coa aportación da Xunta cheguen a o estaleiro Freire”
  • Salienta que Galicia concentra o 65% do sector naval español e a ría de Vigo o 40% de todo o sector naval de España
  •  O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, garantiu, este mediodía, no acto de posta de quilla do Rss Discovery, en Vigo, o compromiso da Xunta co naval galego e os seus 10.000 traballadores, a través de achegas que superan xa os 80 millóns de euros. “Estamos traballando para garantir a fortaleza dos nosos estaleiros que operan na actualidade e blindar o que hai detrás deles: familias, postos de traballo e economía produtiva”, aseverou. Leer Más…

XUNTA LAMENTA QUE A ACTITUDE IRRESPONsABLE Do alcalde de vigo POÑA EN PERIGO O ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE Á PENISULA DO MORRAZO

  • A Xunta de Galicia mostra o seu desconcerto ante as razóns que figuran no escrito de paralización das obras
  • Non se mencionan as condicións sinaladas anteriormente polo concello de humanizar as rúas, o que incrementaba o custe desta actuación nun 62%
  • O Goberno galego non asumirá o traballo que ten que facer o Concello nas súas rúas, que é telas urbanizadas e humanizadas. A Xunta comprometese a deixar as rúas con todos os servizos afectados repostos
  • Aclárase que o Concello está a xogar cos prazos desta actuación e coa calidade do abastecemento da auga aos 45.000 veciños de Cangas e Moaña  Leer Más…

O Índice de Prezos ao Consumo baixou en xaneiro en Galicia o 1,1%, catro décimas máis que a media estatal

 Provincia galega na que máis decreceu o IPC o mes pasado foi Lugo, cun -1,5%

Os grupos menos inflacionistas en xaneiro foron os de ‘Vestido e Calzado’ e ‘Ocio e Cultura’  O Índice de Prezos ao Consumo (IPC) baixou o pasado mes de xaneiro en Galicia o -1,1%, catro décimas máis que o da media española, onde a taxa de variación mensual se situou no -0,7%. Así o reflicten os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estadística (INE), que recollen unha taxa de variación interanual autonómica do 3,4% e do 3,3% para o conxunto do Estado. Na evolución por capítulos, os grupos que tiveron un comportamento menos inflacionista en xaneiro en Galicia en relación a decembro foron ‘Vestido e Calzado’ (-14,9%), ‘Ocio e Cultura (-1,4%) e ‘Menaxe (-0,8%). Por outra banda, os apartados cunha maior suba dos prezos foron os de ‘Vivenda (3,1%) e ‘Bebidas alcohólicas e tabaco’ (2%).Na evolución interanual, os grupos que rexistraron unha maior caída do IPC foron o de ‘Comunicacións’ (-0,8%), ‘Medicina’ (-0,6%) e ‘Ocio e Cultura’ (-0,6%). Pola contra, os que presentan máis incremento son ‘Bebidas alcohólicas e tabaco’ (14,7%), ‘Vivenda’ (9,4%) e ‘Transporte’ (8,7%). Leer Más…

Feijóo subliña o financiamento e a internacionalización como os alicerces do Plan Téxtil Moda-Visión 2020 para fortalecer o sector e dotalo de instrumentos que o fagan competitivo en todo o mundo

Avoga por dar liquidez ao sector, “tanto para circulante e para recualificar a desempregados, como para poñer en marcha novas empresas ou aproveitar a Eurorrexión para reforzar as vías de financiamento” Sostén que a dependencia do mercado nacional é unha gran debilidade e afirma que o téxtil ten que rearmarse e abrir novas fiestras que o fagan aínda máis visible nos mercados internacionais Destaca a vontade de crecer, a vontade de cooperar e a vontade de manter intactos os seus distintivos de calidade como a tripla fortaleza do sector: “hoxe, -incide- hai no téxtil cooperación institucional, compromiso económico e a disposición de recuperar os liderados que forman parte da nosa historia” Subliña que este plan está pensado para afrontar non só as necesidades máis apremiantes, “senón que tamén nos convoca durante toda esta década, en consonancia co Plan Estratéxico 2010-2014 horizonte 2020” O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou, esta mañá, na presentación do Plan Téxtil Moda-Visión 2020, o financiamento e a internacionalización como os dous alicerces deste plan estratéxico encamiñado a fortalecer o sector e dotalo de novos instrumentos que o fagan competitivo en todo o mundo.  Leer Más…

Educación suspende as actividades extraescolares e ao aire libre nas provincias da Coruña e Pontevedra e da Mariña lucense por mor da alerta laranxa por vento que entra esta medianoite

 A  decisión derívase da recomendación da Comisión de Alertas Meteorolóxicas, integrada polas Consellerías de Presidencia, Medio Ambiente e infraestruturas e Educación    A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de comunicar aos centros educativos a decisión de suspender no día de mañá, 16 de febreiro, as actividades extraescolares e ao aire libre nos centros educativos das provincias da Coruña e Pontevedra, e na Mariña lucense, por mor da alerta laranxa que entra esta medianoite. Leer Más…

O PARTIDO POPULAR DE REDONDELA CELEBRA UNHA REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE A LEI DE AUGAS DE GALICIA

  • O coloquio dirixido polo deputado do Parlamento de Galicia, Román Rodríguez, será este mércores, ás 20.30 horas, no Multiusos da Xunqueira
  •  O Partido Popular de Redondela organiza unha conferencia informativa sobre a recente Lei de Augas de Galicia. “Ante as desinformacións vertidas por algúns colectivos e o consecuente nerviosismo e a inquedanza que se está a producir entre a poboación, cremos conveniente celebrar esta reunión aberta a todos os veciños de Redondela, para que veñan e escoiten de primeira man o contido desta normativa podendo atender e resolver as súas dúbidas”,  explica Javier Bas, presidente da Xestora do PP de Redondela e candidato á Alcaldía. Román Rodríguez, deputado do PP no Parlamento de Galicia, será o encargado de expoñer o fundamento e contido da Lei de Augas de Galicia estando a disposición do público para calquera pregunta que este lle queira formular. A cita será este mércores, 16 de febreiro, no Multiusos da Xunqueira

INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN TEMPORAL "O OBXECTO POÉTICO E A EDICIÓN. DÚAS ACHEGAS DENDE O SURREALISMO" – Vigo

 Xoves 17 de febreiro ás 20 horas terá lugar no museo Verbum – Casa das Palabras a inauguración da exposición temporal “O OBXECTO POÉTICO E A EDICIÓN. DÚAS ACHEGAS DENDE O SURREALISMO” que se poderá visitar ata o vindeiro 1 de maio en horario de martes a domingo de 10 a 19 horas. Leer Más…

TELEFÓNICA CONTEMPLA UN FUTURO DE MAYOR CRECIMIENTO Y RENTABILIDAD PARA EL SECTOR TIC

 

César Alierta, presidente de Telefónica, ha participado hoy en la sesión inaugural del Mobile World Congress

  • Para capturar todas las oportunidades que ofrece el nuevo escenario digital, es esencial una estrategia de cooperación entre los distintos agentes del sector El presidente de Telefónica, César Alierta, ha presentado hoy, durante su intervención en el Mobile World Congress, un futuro de mayor crecimiento y rentabilidad para el sector TIC en los próximos años. Alierta, que ha intervenido en la sesión inaugural del Congreso que se está celebrando esta semana en Barcelona, ha desglosado un panorama prometedor para la industria, que desde 2010 vuelve a recuperar sólidos ratios de crecimiento.  De hecho, de acuerdo con las estimaciones de analistas de la industria#, el sector TIC volverá a crecer a tasas medias anuales del 4,3% durante los próximos cincos años, impulsado especialmente por el comportamiento de regiones emergentes, como Asia-Pacífico y América Latina, que crecerán a ritmos superiores al 5% y 6% de media anual, respectivamente. Leer Más…