FEIJÓO GARANTE O COMPROMISO DA XUNTA CO SECTOR NAVAL E OS SEUS 10.000 TRABALLADORES A TRAVÉS DE ACHEGAS QUE SUPERAN XA OS 80 MILLÓNS DE EUROS

O titular do Goberno galego reitera o compromiso da Xunta de poñer toda a súa capacidade financeira a disposición da economía produtiva galega: “A disposición de aqueles que innovan, que melloran e que apostan pola calidade e pola competitividade dos seus produtos”

  • “Estamos traballando para garantir a fortaleza dos nosos estaleiros que operan na actualidade e blindar o que hai detrás deles: familias, postos de traballo e economía produtiva”, asevera
  • Destaca o desbloqueo de avais importantes para todos os estaleiros da ría de Vigo: 26 millóns de euros para Vulcano; 22 millóns para a Factoría Naval de Marín; 5 millóns para o estaleiro Metalships; “e imos seguir traballando para que os 10 millóns que ten comprometido Pymar coa aportación da Xunta cheguen a o estaleiro Freire”
  • Salienta que Galicia concentra o 65% do sector naval español e a ría de Vigo o 40% de todo o sector naval de España
  •  O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, garantiu, este mediodía, no acto de posta de quilla do Rss Discovery, en Vigo, o compromiso da Xunta co naval galego e os seus 10.000 traballadores, a través de achegas que superan xa os 80 millóns de euros. “Estamos traballando para garantir a fortaleza dos nosos estaleiros que operan na actualidade e blindar o que hai detrás deles: familias, postos de traballo e economía produtiva”, aseverou. Deste xeito, Feijóo subliñou que ademais das achegas anuais nos últimos dous anos en case 11 millóns de euros a Pymar e as aportacións do Igape, noutros 5 millóns para o ano 2011, “desbloqueamos avais importantes para todos os estaleiros desta ría de Vigo: 26 millóns para Vulcano, que están permitindo que 1.000 familias podan seguir traballando neste estaleiro; 22 millóns de euros para a Factoría Naval de Marín; 5 millóns de euros para o estaleiro Metalships, grazas aos cales seguen a manterse 300 postos de traballo; e imos seguir traballando para que os 10 millóns de euros que ten comprometido Pymar coa aportación da Xunta cheguen a o estaleiro Freire”.Todos estas cifras testemuñan o compromiso inequívoco do Goberno galego non só co sector do automóbil ou co sector da pesca senón, tamén, co sector naval. “Tres sectores –salientou- clave na economía e no mantemento de Vigo. Galicia concentra o 65% do sector naval español e a ría de Vigo o 40% de todo o sector naval de España”.Logo de recoñecer a importancia de contar cun marco de cooperación que nos inspira, e que se traduce despois en accións concretas e en obxectivos claros. O presidente da Xunta salientou que este proceder non é ningunha excepción no tecido económico galego. “Fixémolo a través da unión, da cooperación e da posta en común da estratexia a seguir no sector pesqueiro, de xeito que cada unha das normas que ditamos no ámbito do mar están consensuadas co sector; estámolo a facer para intentar revitalizar o sector acuícola e facer posible, por exemplo, a primeira planta en cinco anos; fixémolo cando puxemos en marcha o Plan Estratéxico do sector lácteo, que dá emprego a máis de 12.000 familias; fixémolo ao apoiar o turismo e conseguir, entre todos, que no ano 2010 obtivésemos un record de visitantes en Galicia pasando dos nove millóns; fixémolo ao apostar pola galeguidade de Reganosa e ao apostar por unha lei que blinda un concurso eólico e que busca transparencia nas adxudicacións, tamén, inversións nos plans industriais -6.000 millóns de euros- e 14.000 empregos; e acabamos de facelo hoxe coa presentación do Plan estratéxico do Téxtil“. Feijóo concluíu reiterando que “a unión e a esperanza” quedan blindadas co compromiso da Xunta de poñer toda a súa capacidade financeira a disposición da economía produtiva galega. “A disposición –remarcou- de aqueles que innovan, de aqueles que melloran e de aqueles que apostan pola calidade e pola competitividade dos seus produtos”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: