INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN TEMPORAL "O OBXECTO POÉTICO E A EDICIÓN. DÚAS ACHEGAS DENDE O SURREALISMO" – Vigo

 Xoves 17 de febreiro ás 20 horas terá lugar no museo Verbum – Casa das Palabras a inauguración da exposición temporal “O OBXECTO POÉTICO E A EDICIÓN. DÚAS ACHEGAS DENDE O SURREALISMO” que se poderá visitar ata o vindeiro 1 de maio en horario de martes a domingo de 10 a 19 horas.
 Para a inauguración contaremos coa presenza da comisaria da mostra, Monse Cea, representantes da Fundación Eugenio Granell e o director do museo Verbum, Rosendo Gonzalo Covelo Roma.

O OBXECTO POÉTICO E A EDICIÓN: DÚAS ACHEGAS DENDE O SURREALISMO

No surrealismo a percepción poética da vida e da arte é un dos seus principais alicerces. De facto, a vangarda nace en primeira instancia como movemento literario. Pero para eles a poesía non é soamente os versos e os poemas en prosa: a poesía é a calidade de certas cousas en funcións que existe mesmo alá onde non se trata de arte. Así a exposición está conformada por unha coidada selección de obxectos de artistas clásicos do surrealismo internacional como Eugenio Granell, Ludwig Zelller ou Susana Wald, e de artistas vinculados ao mesmo, da talla de Marcell Duchamp, así como doutros autores e autoras que continúan hoxe en día realizando novas contribucións ao movemento.

é unha incursión no surrealismo mediante un proxecto expositivo realizado ad hoc para o Verbum – Casa das Palabras, da man da Fundación Granell.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: