XUNTA LAMENTA QUE A ACTITUDE IRRESPONsABLE Do alcalde de vigo POÑA EN PERIGO O ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE Á PENISULA DO MORRAZO

  • A Xunta de Galicia mostra o seu desconcerto ante as razóns que figuran no escrito de paralización das obras
  • Non se mencionan as condicións sinaladas anteriormente polo concello de humanizar as rúas, o que incrementaba o custe desta actuación nun 62%
  • O Goberno galego non asumirá o traballo que ten que facer o Concello nas súas rúas, que é telas urbanizadas e humanizadas. A Xunta comprometese a deixar as rúas con todos os servizos afectados repostos
  • Aclárase que o Concello está a xogar cos prazos desta actuación e coa calidade do abastecemento da auga aos 45.000 veciños de Cangas e Moaña 
  •  Ás 12:30 horas efectivos do concello de Vigo entregaron na obra o escrito que instaba á paralización das obras de ampliación do abastecemento ao Morrazo correspondentes á zona de Vigo. A Xunta de Galicia lamenta que a actitude irresponsable do alcalde de Vigo, Abel Caballero, poña en perigo o abastecemento de auga potable á península do Morrazo. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas recorda ao Concello de Vigo que conta coa autorización para execución das obras de ampliación do abastecemento ao Morrazo correspondentes á zona de Vigo dende marzo de 2009, tal e como se recolle na aprobación da Xunta de Goberno do Concello de Vigo. Nesta reunión da Administración local indícase expresamente que “a aprobación acordada implica o outorgamento de tódalas autorizacións necesarias para a realización da obra”. A certificación deste acordo da Xunta de Goberno leva o visto e prace do alcalde. O escrito de paralización das obras debe cualificarse como desconcertante, xa que se aparta do anterior requirimento e das conversas mantidas dende marzo de 2009. Sinalar que o concello pide documentación referida a: 1. A do artigo 29 da ordeanza xeral reguladora de obras, que inclúe os documentos do proxecto e que se liquiden as taxas para control das obras. En primeiro lugar, son requirimentos para obras de implantación de servizos que requiran licenza municipal. O acto de aprobación do proxecto na Xunta de Goberno xa equivale á licenza, que non necesita ser concedida, e a propia aprobación da Xunta de Goberno declara a exención de tributos para estas obras. O proxecto, por suposto, xa o ten o concello, xa que o aprobou no seu momento. 2. Proxecto modificado, cunha memoria que xustifique o cambio de trazado. O Concello xa conta coa documentación do trazado variante, como se deduce da documentación que enviou con anterioridade de mellora nas rúas de Vigo a costa desta obra. As obras que comezaron o luns foron en zonas no que o trazado non variou, polo que non se entende por que se paralicen. Finalmente, se o concello non está conforme, traballarase sobre o trazado orixinal, cando o variante estaba pactado entre as partes cun sobrecusto que asumiría a Xunta de Galicia para evitar o risco de rotura de conducións existentes. 3. Plan de tráfico e de sinalización. Xa foi entregado en dúas ocasións ao concello, que respondeu indicando que era necesario humanizar certas rúas. Só cabe concluír que o Concello está dificultar a execución do abastecemento ao Morrazo desde Vigo, impedindo “con feitos” o inicio das obras do tramo terrestre de Vigo, impoñendo  no seu momento unhas condicións que nada teñen que ver cunha obra hidráulica e agora desdicíndose solicitando unha documentación que non ten sentido ou que xa obra no seu poder. Lémbrase que a Xunta de Galicia se compromete a deixar as rúas con todos os servizos afectados repostos. Non obstante, o que non vai a asumir o Goberno galego é o traballo que ten que facer o Concello nas súas rúas, que é telas urbanizadas e humanizadas correctamente. O concello está a esixir á Xunta o traballo que a Autoridade municipal non quere facer. O Goberno galego recorda que o compromiso da Xunta de Galicia é repoñer os servizos afectados, e non reurbanizar as rúas, tal e como se pretende dende o Concello de Vigo segundo o condicionado valorado polo propio concello en 3.390.054 euros. No documento entregado polo concello en decembro de 2010 incluían actuacións de pluviais, alumeado público, sinalización, xardinería, colación de firmes e pavimentos cunhas calidades que moi superiores ás que teñen as rúas na actualidade e mobiliario urbano. Este condicionado implica un incremento dun 62% en sobrecustes sobre o proxecto aprobado. Dende a Xunta aclárase que o Concello está a xogar cos prazos desta actuación e coa calidade do abastecemento da auga aos 45.000 veciños do Morrazo, polo que xa é responsable do retraso dos traballos e do posible desabastecemento, ante os problemas da vella condución.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: