O tenente de alcalde anuncia que a estrea de “Novo Vigo Vello” con Tosar en Vigo será o vernes e terá outro pase o domingo

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou hoxe que o venres, 18 de febreiro, o Centro Social de Novacaixagalicia acollerá a estrea do documental “Novo Vigo Vello: Vida e xente na reconquista do Casco Vello de Vigo”, coa presenza Luis Tosar. O nacionalista indicou que ademáis haberá outro pase o domingo para que todas as persoas interesadas teñan a opción de ver este documental financiado a través do Plan de Competitividade Turística. Santi Domínguez tamén avanzou que xa comezou a distribución do filme nas canles de televisión e que a partir do segundo semestre deste ano entrará no circuíto de festivais estatais e internacionais.
 Santi Domínguez afirmou que os vigueses e viguesas “tiñan que ver o documental tan pronto como o permitise a axenda de Tosar”, especialmente despois do “gran éxito” que acadou a estrea en Madrid e a crítica moi positiva que manifestaron os alí presentes, “incluso os medios especializados”, segundo comentou. O tenente de alcalde indicou que despois da estrea do venres, haberá outro pase o domingo, 20 de febreiro, ás 12 horas, tamén no Centro Social de Novacaixagalicia, ao que se poderá asistir a través de convites que se poden recoller na Tenencia de Alcaldía. “Ademais destes dous pases, o documental achegarase aos barrios e parroquias de Vigo, porque non queremos que ninguén quede sen velo”, asegurou o tenente de alcalde. Tamén se farán pases de “Novo Vigo Vello” na sala “Vigofilm” do Centro de Recepción de Visitantes da Estación de Ría. Santi Domínguez salientou que o documental xa foi enviado a máis de 10 canles de televisión e que nas vindeiras semanas continuará a súa distribución. O nacionalista aclarou que nestes momentos, a través da produtora Filmanova, estase tramitando a súa emisión. “Hai unha canle que de cobertura estatal que está tremendamente interesada en emitilo”, avanzou. Ademais, o nacionalista explicou que dende xuño o documentará poderá verse en oferta vídeo baixo demanda da canle R. Paralelamente “Novo Vigo Vello”  entrará no circuíto de festivais. O tenente de alclade ndicou que o documental presentarase á Mostra Internacional do Documental Independente de Cádiz, ao Festival Internacional de Documental de Barcelona (Docúpolis), ao Festival Internacional de Cine Documental e Curtametraxe de Bilbao e á Mostra Internacional de Patrimonio Arquitectónico de Madrid. No eido internacional, está previsto presentalo presentalo aos festivais de Kassel e Leipzig, en Alemaña; ao Festival Internacional de Documentais de Copenhague; en Francia ao Festival de La Rochelle; ao Festival de Documentais de Amsterdam; ao Festival de Sheffield, en Inglaterra; así como a certames en Milán, Lisboa e Bos Aires.   “Temos o obxectivo de poñer en valor a cidade e abrir unha fiestra ao mundo do que ten Vigo de particular”, manifestou Santi Domínguez. Destacou que “temos a fortuna de contar cun dos actores máis internacionais, un director experimentado neste tipo de guións, ademais dos actores Antela Cid e Fran Peleteiro, así como polos veciños e veciñas do Casco Vello”. O director de “Novo Vigo Vello”, Eduardo Rolland, expresou os seus agradecementos ás diferentes administracións implicadas no proxecto, nomeadamente á Tenencia de Alcaldía “porque foi a que impulsou o documental”, así como a produtora Filmanova e Antón Reixa “porque apostou polo proxecto dende o primeiro momento”. Tamén agradeceu o labor dos actores “que non o son pero exerceron como tales”, en referencia aos veciños e veciñas do Casco Vello, e ao propio Luis Tosar pola súa profesionalidade. “Gustaríame que o documental sirva para que vexan fóra o que temos e que os vigueses e as viguesas descubramos que ao mellor temos un tesouro polo que paga a pena dar un paseo”, manifestou. A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, expresou a súa satisfacción por volver a presentar o documental, esta vez en Vigo. Segundo dixo amosa o impulso dado á recuperación do Casco Vello, “que mellorou notablemente nos últimos anos”. Destacou que é froito da colaboración de tres administracións, Turespaña, Xunta e Concello de Vigo, a través do Plan de Competitividade Turística.

About Vgomagazine

Revista Online.

0 responses to “O tenente de alcalde anuncia que a estrea de “Novo Vigo Vello” con Tosar en Vigo será o vernes e terá outro pase o domingo”

  1. Noble Wheatcroft says :

    Only after reading this announcement, I thought exactly the same thing I always ask to explore new blogs and forums. All I think about it? Precisely how does it feel? This and other posts on his blog here no doubt give some tips to think. Finally ended up here through Yahoo when the first scene some research online for some courses that I am. In general, the time browsing through large and I hope to continue to write new messages. Cheers Very helpful article. I just found your site and the need to say that I particularly liked the study of their messages. Any way I’ll be subscribing to your feed, and I hope to publish more soon after.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: