A XUNTA MANTÉN O SEU COMPROMISO COA CREACIÓN DA ÁREA METROPOLITANA E AGARDA QUE O ALCALDE DE VIGO NON BUSQUE EXCUSAS PARA BOICOTEAR A SÚA POSTA EN MARCHA

Concello de Vigo defende nas súas alegacións a existencia dun comité de cooperación que coordine as actuacións das administracións na área e que agora di rexeitar
A Xunta de Galicia quere reiterar o seu compromiso coa posta en marcha da área metropolitana de Vigo e insistir en que, tal e como ten indicado xa en numerosas ocasións, presentará no primeiro semestre de este ano un proxecto de lei de creación da área, co compromiso de que non suporá duplicidades nin custará nin un euro máis aos cidadáns
. O Goberno galego continúa a traballar con rigor e seriedade e lamenta que dende algúns ámbitos se tente poñer escusas para boicotear a posta en marcha dun proxecto de tanta importancia para Vigo e a súa comarca. Tras un primeiro período de consultas e de exposición pública do proxecto, a Xunta está a completar neste momento o estudo das múltiples alegacións presentadas ao proxecto e redactando un novo texto, que será aprobado polo Consello da Xunta e enviado ao Parlamento no primeiro semestre deste ano. A Xunta xa avanzou que incluirá unha gran porcentaxe das suxestións recibidas, co obxectivo de enriquecer o texto ao máximo e lograr a mellor área metropolitana posible. Entre as alegacións recibidas están as do Concello de Vigo, que tamén avoga pola existencia dun Comité de Cooperación que coordine as administracións no ámbito territorial da área metropolitana, e que hoxe rexeitou o alcalde.
Lonxe de supoñer dualidades, dito comité ten como obxectivo evitalas, xa que coordinará a todas as administracións implicadas na área e establecerá fórmulas de cooperación e colaboración entre elas que garantan a máis acaída prestación dos servizos. Resulta sorprendente que o alcalde de Vigo pida agora a eliminación deste comité, cando hai só uns días demandaba ao Goberno galego por escrito máis intensidade e detalle na súa regulación. O Goberno galego agarda que o rexedor vigués non estea intentando buscar escusas para boicotear a creación da área, a través de debates artificiais, como o da eliminación da Deputación. Nese sentido, recorda que nin en 2005 nin na creación da área de Barcelona se puxo en dúbida a pervivencia das deputacións e advirte que sería o mesmo que avogar pola eliminación dos concellos ou da Xunta pola súa integración na nova entidade supramunicipal.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: