ECONOMÍA E INDUSTRIA APOIA A COMERCIALIZACIÓN DO DESEÑADOR GALEGO JOSÉ CASTRO

  • A directora xeral de Comercio participou esta tarde no acto de presentación comercial do deseñador no que destacou a alta calidade da moda galega, un sector considerado estratéxico por parte do goberno galego.  
  • O Plan Téxtil Moda-Visión 2020 foi presentado o pasado martes polo presidente de Xunta de Galicia e polo conselleiro de Economía e Industria como unha ferramenta de impulso ao sector téxtil baseado no financiamento e na internacionalización como elementos fundamentais para a mellora da competitividade das empresas.  A directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, participou esta tarde no acto de presentación comercial do deseñador galego José Castro en El Corte Inglés de Vigo, establecemento no que conta dende hoxe cun punto de venda das súas pezas. A directora xeral de Comercio destacou a alta calidade e as grandes posibilidades de desenvolvemento da moda galega, un sector considerado estratéxico por parte da Xunta de Galicia. Neste sentido, a Consellería de Economía e Industria acaba de poñer en marcha o Plan Téxtil Moda-Visión 2020, presentado o pasado martes polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e polo conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, como unha ferramenta de impulso ao sector dirixido a consolidalo e a incrementar a súa competitividade en todo o mundo, a través de dúas liñas de actuación fundamentais baseadas no financiamento e na internacionalización das empresas. Hoxe en día, o sector téxtil en Galicia está formado por case 550 pemes nas que traballan preto de 13.000 profesionais e que facturan algo máis de 1.000 millóns de euros anuais. O obxectivo coa aplicación deste plan estratéxico é convertelo nun sector no que as grandes empresas convivan coas pemes a través da cooperación, un sector identificado con Galicia pero con proxección internacional, que xere emprego, que busque sinerxías con outros sectores e servizos para fortalecer e ampliar a súa cadea de valor, e que supere saiba aproveitar o espazo da eurorrexión para conseguir vantaxes competitivas a nivel internacional. O galego José Castro é un deseñador cunha ampla traxectoria nacional e internacional. Pertence á Federación Francesa de Costura e traballou para Dolce&Gabanna, Alexander MacQueen ou Givenchy, foi o director artístico de Miró Jeans e un dos deseñadores da marca Desigual. Despois de pasar por diferentes pasarelas de moda, entre as que destacan a Semana da Moda de París ou a Cibeles de Madrid, as coleccións de José Castro estarán dispoñibles no seu novo punto de venda de Vigo e A Coruña.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: