Molares, comprobou esta mañá a finalización dos traballos, que foron feitos no marco do obradoiro de emprego

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, comprobou esta mañá a finalización dos traballos, que foron feitos no marco do obradoiro de emprego que a Consellería de Traballo e Benestar concedeu ao Padroado Municipal Beiramar.

.- A recuperación do adro da Igrexa de San Bieito, na parroquia moañesa de Domaio, xa é unha realidade gracias ao traballo levado a cabo polos alumnos e alumnas do obradoiro de emprego “Capacita Moaña”. O obradoiro de emprego “Capacita Moaña” púxose en marcha o pasado 30 de xuño de 2010 e conta cunha duración dun ano. A través deste programa de formación e emprego, que ten coma finalidade favorecer a inserción laboral das persoas que teñen dificultades para acceder ao mercado laboral a través da realización dunha obra ou servizo de utilidade pública ou interese social, se lle da unha saída laboral a 36 alumnos e alumnas que se están formando nas especialidades de albanelería, xardinería e atención sociosanitaria ademais de beneficiar a oito profesionais que ocupan os postos directivos, de xestión e monitores. Con todo, a recuperación do adro de San Bieito forma parte dos obxectivos deste programa de formación e emprego que a Consellería de Traballo e Benestar concedeu ao Padroado Municipal Beiramar e no que investiu un total de 700.000 euros. Pero non son os únicos obxectivos que o Concello de Moaña fixou no marco deste obradoiro de emprego e, así, os alumnos e alumnas do programa de formación xa teñen iniciados os traballos de acondicionamento do adro da Igrexa da Peregrina, na parroquia de Meira, así coma o acondicionamento e axardinamento do entorno do monte do Con, na zona de Tirán e, por último, o servizo de respiro do programa de coidadores de dependentes e discapacitados. A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, acompañada do presidente do Padroado, Arturo González, e outros membros da Corporación de Moaña, comprobou esta mañá a finalización dos traballos do adro de San Bieito e felicitou á Administración local e aos alumnos e alumnas por levar a cabo esta actuación. “Comezamos a ver os resultados deste obradoiro de emprego”, dixo Molares, quen destacou o dobre obxectivo deste tipo de programas. “Cun contrato de emprego e formación para as persoas desempregadas melloramos as súas condicións de empregabilidade  nun futuro e, ao tempo, se recuperan espazos públicos, o que supón unha oportunidade”, considerou a delegada da Xunta.

Obras de abastecemento ao Morrazo

A preguntas dos medios de comunicación, Lucía Molares fixo mención esta mañá á situación das obras de abastecemento ao Morrazo e sinalou que a Xunta considera “fundamental” atender o abastecemento de auga aos concellos de Cangas e Moaña. Así, recordou que o proxecto das obras de ampliación do emisario foron aprobadas pola xunta de goberno local do Concello de Vigo. “Estamos a falar de poñernos de acordo no plan de tráfico e de obra”, dixo a delegada, quen engadiu que a Administración local paralizou os traballos na zona de terra requirindo documentación que xa foi remitida no seu momento ao Concello. Aínda así, asegurou que Augas de Galicia vai a remitir novamente a documentación e que espera continuar coas obras, que tildou de “necesarias”. “Teñen que estar rematadas para a tempada estival”, considerou. Con todo, a delegada asegurou que Vigo non se verá prexudicado polos traballos que se teñan que acometer en terra xa que “o aprobado pola xunta de goberno é que se repoñan todos os servizos”. “As rúas que se abran vanse a repoñer e, incluso, se mellorará o seu estado actual”, sinalou, matizando que o que non vai a facer a Xunta de Galicia é o traballo que lle corresponde ao Concello de Vigo. “O Concello é o responsable de humanizar esas rúas e se quere facelo á vez que se fan os traballos de abastecemento, é competencia municipal”, dixo, pero que “en ningún caso” se plantexa un incremento do proxecto coma plantexa o Concello e que supón un sobrecusto do 62%. Por último, Molares recomendou á Administración olívica que “recapacite” xa que a “vontade” da Xunta de Galicia é continuar as obras co fin de que na época de verán entre en funcionamento o novo emisario.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: