Archive | febrero 18, 2011

O ACUARIO DO MUSEO DO MAR VOLVERÁ ESTAR ABERTO AO PÚBLICO DESDE MAÑÁ

Unha intevención de urxencia conseguiu que a instalación recuperara a estabilidade e seguridade necesarias para recibir novamente visitantes  .-O Acuario do Museo do Mar de Galicia abrirá novamente as portas ao público a partir de mañá, sábado 19 de febreiro. Esta instalación do Museo fora pechada onte debido aos danos producidos polo temporal dos últimos días no teito da mesma. Estes desperfectos na cuberta do Acuario puideron ser solventados mediante unha intervención de urxencia que consistiu na colocación dun toldo que garantiza a súa estabilidade e a seguridade. En todo caso, trátase dunha solución provisional á espera de que se desenvolva, á maior brevidade posible, a intervención definitiva de restauración da cuberta. Ademais, si permancerá restrinxido o acceso ao faro do museo para evitar calquera tipo de accidente que puidese producirse dado o deterioro do seu pavimento.

A XUNTA REITERA O SEU APOIO Á FROTA DE ARRASTRE DE LITORAL E DESTACA O TRABALLO CONXUNTO ENTRE SECTOR E ADMINISTRACIÓN PARA ACHEGAR SOLUCIÓNS Á REDUCIÓN DE COTAS

 

Alberto Núñez Feijóo e Rosa Quintana mantiveron unha xuntanza con representantes do sector afectado pola baixada das cotas de pesca para o ano 2011

 

  • Esta xuntanza enmárcase dentro da actividade do grupo de traballo constituído entre a Consellería do Mar e mailo sector o pasado mes de decembro
  • Diferenciar as poboacións de lirio do sur e do norte de Europa e adecuar as cotas desta pesquería tamén a criterios sociais e económicos son os eixos de traballo da Xunta para trasladar ás institucións europeas
  • Só en Galicia hai preto de 8.000 persoas e empregos afectados só pola merma da captura do lirio
  • Logo da entrevista desenvolvida coa comisaria de Asuntos Marítimos e Pesca da Comisión Europea, María Damanaki, a Consellería do Mar está a promover xuntanzas coa responsable da DG MARE, Lowri Evans, e coa presidenta da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Carmen Fraga Leer Más…

UN TOTAL DE 109 PROMOTORES DE EMPREGO DARÁN ATENCIÓN PERSONALIZADA A MÁIS DE 55.000 PARADOS MENORES DE 30 ANOS E A DESEMPREGADOS DE LONGA DURACIÓN

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, ofreceu hoxe unha conferencia no foro de “Nueva Economía”
  • A titular do departamento autonómico precisou que este programa vai dirixido aos demandantes de emprego menores de 30 anos, e a aqueles maiores de 30 que leven máis dun ano no paro sen ter recibido recursos do Servizo Público de Emprego
  • Realizou un percorrido polas actuacións levadas a cabo ata o momento en materia laboral e destacou que a planificación destas accións persegue que Galicia “saia da crise cunha estruturas laborais e sociais máis sólidas e estables”
  • Mato fixo tamén un balance dos avances levados a cabo ata o momento en materia de política social Leer Más…

O humor galego solidario.

O humor galego, solidario con Tanzania O humorista vigués Cándido Pazó participará na II Edición de Monólogos Solidarios, organizada por Intermón Oxfam Vigo a favor de Tanzania.Por segundo ano consecutivo a solidariedade vístese de humor da man dos Monólogos Solidarios. Nesta ocasión será Cándido Pazó o encargado de mesturar enxeño e solidariedade nunha noite única. A cita terá lugar o vindeiro mércores 2 de marzo ás 21:00 h. no Auditorio do Centro Cultural Novacaixagalicia.  As entradas teñen un prezo de 5 euros e xa se poden adquirir por medio de www.servinova.es, chamando ao número 902 504 500 ou na Tenda de Intermón Oxfam en Vigo (R/ Ecuador nº 31, baixo).  Leer Más…

A CONSELLERÍA DO MAR PRESENTOU DIVERSAS FÓRMULAS AO GOBERNO CENTRAL QUE SOLUCIONARÍAN A REGULARIZACIÓN DE TODA A FROTA GALEGA

  • O  director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, confía en que o Goberno Central teña en conta as achegas de Galicia “para que ningún barco quede fóra do proceso”
  • A Consellería do Mar traballa conxuntamente co sector do arrastre para buscar xuntos solucións á redución dos TACs e cotas
  • A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro afirma que a Consellería está a impulsar a acción dos GAC e concede as axudas polo importe máximo dos créditos dispoñibles
  • O secretario xeral técnico asegurou que a Consellería vela polo estricto cumprimento da legalidade do contrato de helicópteros de salvamento marítimo do Servizo de Gardacostas  
  •  A Consellería do Mar presentou ao Goberno Central diversas fórmulas que poderían solucionar a regularización “do 100% da frota galega”. Así o confirmou o director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, na comisión 8ª  de pesca e marisqueo, onde detallou as achegas que presentou a Consellería a semana pasada ao MARM “para que ningún barco galego quede fóra do proceso”. Leer Más…

JAVIER GUERRA APUNTA AO MERCADO ALTERNATIVO BURSÁTIL COMO UNHA ALTERNATIVA DE CRECEMENTO PARA AS EMPRESAS GALEGAS

 

  • O conselleiro de Economía e Industria inaugurou hoxe unha xornada sobre o MAB
  • O Igape ten habilitado un programa de axudas pioneiro para facilitar a análise das empresas galegas que desexan estudar as súas posibilidades de acceso a este Mercado
  • Guerra anuncia que a dotación das axudas incrementarse nun 50%, durante o presente exercicio
  • A Xunta ofrece bonificacións fiscais que permiten deducións do 20% das cotas investidas en accións vía MAB, na asignación autonómica do IRPF
  • Un 5,5% das empresas galegas consideran recorrer ao MAB, a curto prazo, e un 10,5% estuda facelo a longo prazo, o que sitúa a Galicia case tres puntos por encima da media española Leer Más…

CONSELLEIRO JAVIER GUERRAsobre o carbón.

JAVIER GUERRA-CARBÓN aundio sobre el tema del carbón por el Concelleiro de Industria Javier Guerra.

  • A decisión do tribunal recolle fundamentos xurídicos contundentes que respaldan a decisión da Xunta de non retirar ningún recurso contra a aplicación dunha normativa prexudicial para os intereses da nosa Comunidade Autónoma
  • O Tribunal da a razón á Xunta, posto que recoñece que a Comisión puido infrinxir o artigo 108.2 do Tratado de Funcionamento de Unión Europea ao non outorgar audiencia a Galicia a través do procedemento de investigación formal da axuda
  • Esta circunstancia foi ampla e reiteradamente demanda pola Consellería de Economía e Industria sen contar co apoio, unha vez máis, do Ministerio de Industria
  • O conselleiro de Economía e Industria insiste en que o Ministerio de Industria non quere escoltar a Galicia e anuncia que convocará aos alcaldes das Pontes e Cerceda para analizar a situación
  • O real decreto do carbón pon en risco máis de 3.000 empregos e máis de 1.000 millóns de euros en investimentos

FESTIVAL SINSAL 9 // LAETITIA SADIER ESTE DOMINGO 20 NO SALÓN TEATRO

CANCELADO O CONCERTO DE JONNY EN FERROL
XA A DISPOSICIÓN AS ENTRADAS PARA JOSÉ GONZÁLEZ E THE DODOS  VIGO, SANTIAGO E FERROL CENTRAN AS NOVAS PROPOSTAS DO SINSAL N0. 9   NAS PRÓXIMAS SEMANAS ANUNCIAREMOS MÁIS NOVIDADES DA NOVA EDICIÓN DO FESTIVAL

www.sinsalaudio.org

A XUNTA REMITE NOVAMENTE A DOCUMENTACIÓN AO CONCELLO DE VIGO E SOLICITA RETOMAR CON URXENCIA AS OBRAS DO EMISARIO SUBMARINO

O Goberno galego demanda á Administración local que deixe de poñer trabas á construción desta infraestrutura hidráulica

  • Augas de Galicia sinala que os informes que pide o organismo municipal xa obran no seu poder, posto que o proxecto construtivo se corresponde co aprobado pola Xunta de Goberno do Concello con data 23 de marzo de 2009 e as variacións foron consensualas coa entidade local
  • O departamento autonómico volve a solicitar poder iniciar os traballos alo menos nas zonas comúns do trazado, co fin de garantir o servizo aos cidadáns do Morrazo no verán de 2011
  •  A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, respondeu con celeridade ao concello de Vigo entregándolle de novo a documentación que xa tiña no seu poder, reiterándolle que deixe de poñer trabas á construción do emisario submarino de Cangas do Morrazo e lembrándolle a importancia que ten para os veciños da cidade olívica e da península do Morrazo a posta en marcha desta infraestrutura hidráulica Leer Más…

Rally Rías Baixas en Vigo.

Programa 2011:
El sábado 19 de Febrero tendrá lugar la décimotercera edición del Rally Rías Baixas Faro de Vigo Clásico. De 08.00 a 09.00 horas se hará la entrega de la documentación a todos los participantes en la Pza. del Rei, desde dónde se realizará la salida. De 08.00 a 09.15 horas se procederá a las verificaciones técnicas y de 08.00 a 09.30 horas tendrá lugar la entrada de los vehículos participantes en el Parque Cerrado de salida. A las 10.00 horas será la salida del primer participante y a las 13.45 horas todos los participantes harán una parada para comer en Forcarei. A las 14.30 horas se procederá de nuevo a la salida hacia el Recinto Ferial de Amio, dónde se hará el reagrupamiento de todos los vehículos alrededor de las 18.40 horas. A las 22.30h tendrá lugar la cena y la entrega de los trofeos y a las 23.00h la publicación de los resultados y la clasificación final. La información sobre este evento y las inscripciones para participar pueden hacerse a través de la web de Escudería Rías Baixas.