A XUNTA REITERA O SEU APOIO Á FROTA DE ARRASTRE DE LITORAL E DESTACA O TRABALLO CONXUNTO ENTRE SECTOR E ADMINISTRACIÓN PARA ACHEGAR SOLUCIÓNS Á REDUCIÓN DE COTAS

 

Alberto Núñez Feijóo e Rosa Quintana mantiveron unha xuntanza con representantes do sector afectado pola baixada das cotas de pesca para o ano 2011

 

  • Esta xuntanza enmárcase dentro da actividade do grupo de traballo constituído entre a Consellería do Mar e mailo sector o pasado mes de decembro
  • Diferenciar as poboacións de lirio do sur e do norte de Europa e adecuar as cotas desta pesquería tamén a criterios sociais e económicos son os eixos de traballo da Xunta para trasladar ás institucións europeas
  • Só en Galicia hai preto de 8.000 persoas e empregos afectados só pola merma da captura do lirio
  • Logo da entrevista desenvolvida coa comisaria de Asuntos Marítimos e Pesca da Comisión Europea, María Damanaki, a Consellería do Mar está a promover xuntanzas coa responsable da DG MARE, Lowri Evans, e coa presidenta da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Carmen Fraga

 O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibiu hoxe en San Caetano, xunto coa titular do departamento de Mar, Rosa Quintana, aos representantes das asociacións que agrupan aos 93 barcos da frota galega de arrastre de litoral, afectada pola rebaixa das súas cotas de pesca de lirio, cabala e xurelo para 2011 acordada no Consello de ministros de Pesca da Unión Europea celebrado no pasado mes de decembro. Núñez Feijóo reiteroulles aos representantes do sector arrastreiro o apoio da Xunta de Galicia ante a difícil situación na que queda a frota galega de arrastre de litoral que faena no caladoiro Cantábrico Noroeste trala rebaixa dun 93% da cota de pesca de lirio para o ano 2011 e a redución das posibilidades de captura doutras especies ás que dirixen as súas tarefas de pesca esta frota como son o xurelo ou a cabala. A xuntanza con este grupo enmárcase como complemento da actividade do grupo de traballo constituído entre a Consellería do Mar e mailo sector para determinar as accións a levar a cabo para dispór de cotas adecuadas á capacidade e necesidades da frota galega de arrastre e da cadea de transformado e comercialización xerada arredor do lirio e das outras especies sometidas a rebaixa nas súas cotas. Durante o encontro sinalouse a inmediata continuidade dos traballos deste grupo unha vez recibidos os informes encargados a consecuencia do acordo da primeira xuntanza desta comisión e que estarían dirixidos a diferenciar a pesquería que desta especie se fai na zona do norte de Europa (Islandia, Dinamarca, Noruega) e no sur (España). O primeiro dos estudos subliñaría os aspectos biolóxicos do stock do lirio ao tempo que reforza a necesidade de diferenciar entre as poboacións do norte e do sur. O segundo vai orientado a remarcar a especial afectación que ten o recorte sobre os aspectos sociais e económicos.

 Xestións ante Bruxelas

Outro dos aspectos tratados foi a recapitulación das xestións realizadas desde a Consellería do Mar para retomar a normalización da actividade pesqueira desta frota de arrastre paliando, en parte, a difícil situación desta frota. De xeito inmediato, o que se pretende é acadar unha maior cota de lirio mediante a definición de intercambios de TAC con outros países, tal e como sucedeu en anos pasados e respecto de determinadas especies. A longo prazo trabállase na separación da avaliación dos stocks norte e sur e na xestión diferenciada do destino do peixe capturado que, por un lado, se destina ao consumo humano, no sur, e á producción de pensos e fariñas, no norte. Esta foi a principal liña argumental exposta xa o pasado 8 de febreiro en Bruxelas ante a comisaria de Asuntos Marítimos e Pesca, María Damanaki, a quen reiterou que en Galicia hai preto de 8.000 persoas e empregos afectados, e que o lirio supón preto do 20% das descargas e da facturación anual dun arrastreiro galego de litoral que faena de xeito individual e preto do 45% da descarga e da facturación anual no caso dos arrastreiros que faenan en parella. Estas cifras traducíronse en 2010 en 8.638 toneladas de lirio en Galicia. Cifra que dista moito da cantidade asignada este ano para toda España e que descende ata as 894 toneladas. Á xuntanza celebrada esta mañá en San Caetano asistiron representantes de Pescagalicia-Arpega-Obarco, Asociación de Armadores de Ribeira, Confraría de Pescadores de Muros, OPP-07 de Lugo, Puerto de Celeiro, Arpesco, Cooperativa de Armadores de Ribeira e Asociación de Armadores de Marín, entidades que agrupan aos 93 buques galegos de pesca de arrastre afectados, e que supoñen o 72% das embarcacións deste segmento de frota no Cantábrico.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

0 Respuestas a “A XUNTA REITERA O SEU APOIO Á FROTA DE ARRASTRE DE LITORAL E DESTACA O TRABALLO CONXUNTO ENTRE SECTOR E ADMINISTRACIÓN PARA ACHEGAR SOLUCIÓNS Á REDUCIÓN DE COTAS”

  1. Fat Loss dice :

    Your blog is so informative … keep up the good work!!!!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: