A XUNTA REMITE NOVAMENTE A DOCUMENTACIÓN AO CONCELLO DE VIGO E SOLICITA RETOMAR CON URXENCIA AS OBRAS DO EMISARIO SUBMARINO

O Goberno galego demanda á Administración local que deixe de poñer trabas á construción desta infraestrutura hidráulica

  • Augas de Galicia sinala que os informes que pide o organismo municipal xa obran no seu poder, posto que o proxecto construtivo se corresponde co aprobado pola Xunta de Goberno do Concello con data 23 de marzo de 2009 e as variacións foron consensualas coa entidade local
  • O departamento autonómico volve a solicitar poder iniciar os traballos alo menos nas zonas comúns do trazado, co fin de garantir o servizo aos cidadáns do Morrazo no verán de 2011
  •  A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, respondeu con celeridade ao concello de Vigo entregándolle de novo a documentación que xa tiña no seu poder, reiterándolle que deixe de poñer trabas á construción do emisario submarino de Cangas do Morrazo e lembrándolle a importancia que ten para os veciños da cidade olívica e da península do Morrazo a posta en marcha desta infraestrutura hidráulica
    Esta entrega é a contestación a un escrito enviado polo concello vigués con data de 15 de febreiro deste mesmo ano. Deste modo, a Administración Hidráulica de Galicia, dependente do departamento de Medio Ambiente do Goberno galego, insiste no seu compromiso de dotar ao Morrazo de dúas tubarias independentes de subministro de auga potable para garantir o servizo. Neste escrito achéganse os documentos solicitados polas autoridades municipais. No obstante, recórdaselle que estes informes xa obraban en poder do Concello, posto que o proxecto construtivo se corresponde co aprobado pola Xunta de Goberno do Concello con data 23 de marzo de 2009 e o plan de tráfico e as variacións foron xa tratados en distintas reunións e recoñecidos por persoal do concello na traza da condución. Na carta engádese a seguinte documentación: o proxecto construtivo, o plan de tráfico e sinalización e o plano coas variacións consensuadas co concello e que supoñen un incremento de 800 metros de tubaria de fundición D450, valorado en 400.000 euros e que será asumido pola Xunta de Galicia. Con elo, Augas de Galicia volve a solicitar poder iniciar os traballos, alo menos nas zonas que non varían do trazado, co propósito de garantir o servizo aos cidadáns do Morrazo no verán de 2011, unha actuación que suporá un importante beneficio, tanto aos habitantes fixos desta área da provincia de Pontevedra, como aos cidadáns que incrementan notablemente a poboación da zona en épocas estivais, moitos deles vigueses. Finalmente, cómpre sinalar que son novamente desconcertantes as declaracións do Concello de Vigo en relación a que non entende como pode custar tanto cumprir coas condicións que requiren, xa que a valoración que fixo pública a Xunta de Galicia foi realizada polo propio concello

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: