O humor galego solidario.

O humor galego, solidario con Tanzania O humorista vigués Cándido Pazó participará na II Edición de Monólogos Solidarios, organizada por Intermón Oxfam Vigo a favor de Tanzania.Por segundo ano consecutivo a solidariedade vístese de humor da man dos Monólogos Solidarios. Nesta ocasión será Cándido Pazó o encargado de mesturar enxeño e solidariedade nunha noite única. A cita terá lugar o vindeiro mércores 2 de marzo ás 21:00 h. no Auditorio do Centro Cultural Novacaixagalicia.  As entradas teñen un prezo de 5 euros e xa se poden adquirir por medio de www.servinova.es, chamando ao número 902 504 500 ou na Tenda de Intermón Oxfam en Vigo (R/ Ecuador nº 31, baixo).  O proxecto:: O 60% da poboación das zonas de Tanzania nas que Intermón Oxfam desenvolve o seu traballo viven a metade do ano coa incerteza de non saber se poderán comer a outra metade. O cambio climático, a falta de maquinaria e formación e a pouca saída comercial da produción agrícola implica que nos momentos críticos, entre colleitas, as familias teñan que endebedarse para comer, normalmente con intereses desorbitados. En Intermón Oxfam queremos romper o ciclo da pobreza, asegurando a alimentación por medio do fomento das capacidades produtivas e asociativas da poboación, para que poidan dispoñer de alimentos todo o ano e xerar ingresos de forma estable.

 II Edición Monólogos Solidarios

 QUE?                       Monólogo Solidario da man de Cándido Pazó.

 CANDO?                  Mércores 2 de marzo, ás 21.00 h.

ONDE?                    Auditorio do Centro Cultural NovaCaixaGalicia    

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: