UN TOTAL DE 109 PROMOTORES DE EMPREGO DARÁN ATENCIÓN PERSONALIZADA A MÁIS DE 55.000 PARADOS MENORES DE 30 ANOS E A DESEMPREGADOS DE LONGA DURACIÓN

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, ofreceu hoxe unha conferencia no foro de “Nueva Economía”
  • A titular do departamento autonómico precisou que este programa vai dirixido aos demandantes de emprego menores de 30 anos, e a aqueles maiores de 30 que leven máis dun ano no paro sen ter recibido recursos do Servizo Público de Emprego
  • Realizou un percorrido polas actuacións levadas a cabo ata o momento en materia laboral e destacou que a planificación destas accións persegue que Galicia “saia da crise cunha estruturas laborais e sociais máis sólidas e estables”
  • Mato fixo tamén un balance dos avances levados a cabo ata o momento en materia de política social

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, avanzou hoxe que un total de 109 promotores de emprego –que se sumarán aos 167 orientadores da rede xa existentes na actualidade- dedicaranse de forma prioritaria a prestar unha atención personalizada a máis de 55.000 parados galegos. En concreto, o programa vai dirixido aos demandantes de emprego menores de 30 anos, e a aqueles maiores desa idade que levan máis dun ano no paro sen ter recibido recursos por parte do Servizo Público de Emprego. A titular do departamento autonómico concretou este programa, que se porá en marcha de “forma inmediata”, durante a conferencia que impartiu esta mañá no foro de “Nueva Economía”. Explicou que o obxectivo deste plan é “dar resposta a un dos grandes problemas, o do paro xuvenil, pero que tamén vai acercar o servizo de emprego a todos aqueles que o precisan”. Deste xeito, os beneficiarios serán direccionados a unha cita de orientación laboral, onde se lles realizará unha entrevista “individualizada e en profundidade”, co fin de deseñar un “itinerario personalizado de inserción” axeitado ao seu perfil. En definitiva, cada un dos parados “terá asignado un promotor de emprego”, que seguirá e avaliará a situación do demandante para orientalo cara accións que poidan mellorar a súa empregabilidade. Proba deste seguimento continuo, é que estes demandantes de emprego serán citados a unha nova entrevista cada tres meses. Ademais deste novo plan, Mato fixo un percorrido polas actuacións que ten posto en marcha o departamento autonómico en materia de políticas activas de emprego, un eido no que lembrou que a Xunta ten só competencias “meramente executivas, posto que as lexislativas están en mans do Goberno central”, encargado de deseñalas e de decidir o orzamento que se destina a cada materia. Con todo, salientou que o Goberno galego “non renuncia ás súas responsabilidades” e por iso aposta por novas medidas dentro do marco das súas competencias. Neste marco, inscribiu a reformulación da formación que vén de facer a Consellería de Traballo, para dotala de maior calidade e vinculala aos certificados de profesionalidade. O obxectivo é que os cursos de formación melloren “realmente” a empregabilidade dos traballadores que participan nos mesmos. En materia de emprego, a Xunta tamén ten apostado polo emprendemento, pola integración laboral dos colectivos máis vulnerables, pola incorporación da muller a postos de liderado ou pola mellora do Servizo Público de Emprego. E, todo isto, no marco do consenso e do diálogo social entre axentes económicos e sociais, un proceso no que xa se acadaron 15 acordos e hai 9 preacordos pendentes de ser ratificados. No que se refire ao emprendemento, o departamento autonómico aumentou os seus orzamentos nesta materia nun 34,3 por cento nos últimos dous anos, ata os 32,5 millóns de euros. Isto permitiu incrementar en case 1.000 o número de beneficiarios. Entre outras medidas, púxose en marcha por primeira vez a orde de axudas para a contratación do primeiro traballador, creouse o Rexistro de asociacións profesionais de traballadores autónomos, e constituíuse a Mesa do Autónomo. Ademais, púxose en marcha un plan para optimizar o rendemento do Servizo Público de Emprego, no que se está a investir 7,5 millóns cada ano desde 2009. O obxectivo desta iniciativa é mellorar a capacidade de intermediación deste Servizo. Unha das novidades pasa por definir ao máximo o perfil dos demandantes de emprego e, de feito, “en poucas semanas” estará rematada totalmente a nova clasificación de demandantes, que se realizou a través de entrevistas personalizadas. No eido da igualdade laboral, estase a desenvolver actualmente o Programa “Executiva”, no que participan 200 mulleres con perfil directivo ou aspirante a este. Trátase da primeira vez que funciona en Galicia un programa destas características, que persegue fomentar a presenza de mulleres en postos de decisións, “onde aínda están lonxe de alcanzar o 50 por cento que establece a Lei de Igualdade para o a no 2015”.

Política social  Mato referiuse tamén ás actuacións en materia de política social, un ámbito no que insistiu que o departamento aposta “polo emprego como piar da política social”. Así, precisou que o departamento autonómico conta cun proxecto que detalla os obxectivos e medidas para responder ás necesidades de cada un dos membros da sociedade: o Plan de Actuación Social. Este documento presta especial atención aos colectivos máis vulnerables: persoas con discapacidade ou con dependencia; infancia e adolescencia; familias; maiores e xuventude. Dentro desta iniciativa, elaborouse o Plan galego de persoas maiores, dotado con 800 millóns de euros ata 2013. Ademais, Mato destacou que no que vai de lexislatura, a Xunta puxo en marcha 2.000 novas prazas públicas de atención a maiores. No marco destas actuacións, tamén se puxo en marca o Plan de acción integral para as persoas con discapacidade, que conta cun orzamento de 700 millóns de euros ata final de lexislatura. É o primeiro plan integral nesta materia co que conta Galicia. A isto hai que sumarlle que as prazas públicas dispoñibles para as persoas con discapacidade tense incrementado nun 12,6 por cento. Xa no que se refire á conciliación da vida laboral e familiar, desde abril de 2009 incrementáronse en 2.000 as prazas en escolas infantís de 0 a 3 anos, isto é, aumentaron nun 36 por cento. Ao longo deste ano, abrirán tamén 1.000 novas prazas. O Plan de Actuación Social tamén abrangue o ámbito da xuventude. Está xa en marcha, segundo referiu Mato, a elaboración da Estratexia Xuventude 2013, un plan “integral e intersectorial, aberto á participación social”. Ao abeiro destas actuacións, fará posible tamén a redacción da nova Lei de acción voluntaria e do Plan galego de voluntariado 2011-2014. O obxectivo de todas estas accións en materia laboral e social, resumiu Mato, é que Galicia “saia da crise cunha estruturas laborais e sociais máis sólidas e estables

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

0 Respuestas a “UN TOTAL DE 109 PROMOTORES DE EMPREGO DARÁN ATENCIÓN PERSONALIZADA A MÁIS DE 55.000 PARADOS MENORES DE 30 ANOS E A DESEMPREGADOS DE LONGA DURACIÓN”

  1. Ali dice :

    I found the information on this post valuable.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: