As limpadoras/es dos colexios de Vigo protestan no Concello e na empresa para reclamar unha solución

As traballadoras/es da limpeza dos colexios públicos de Vigo volveron levar as súas protestas ao interior da casa consistorial onde permaneceron cerca dunha hora reclamando unha solución ao conflito laboral. Tamén realizaron unha nova concentración nas instalacións da empresa concesionario do servizo municipal, Linorsa, en Coruxo.
 Arredor de dúas ducias de limpadoras accederon ao inmoble coa intención de achegarse á Alcaldía, aínda que a Policía Local impediulles o paso e tiveron que permanecer no corredor de acceso. Ademais, moitas foron identificadas polos axentes, que estableceron un control na porta principal do edificio para filtrar a entrada de persoas.

Alí amosaron carteis reclamando o cumprimento do pacto que permitiu suspender a folga de 23 días convocada para esixir unha ampliación da xornada que lles permita ter acceso a unha pensión digna. As empregadas/os de Linorsa solicitan tamén a readmisión dunha compañeira á que non se lle renovou o contrato despois de participar no paro, segundo denuncian dende a federación de Servizos da CIG de Vigo.
Despois da protesta no Concello, na que tamén fixeron soar asubíos e coraron consignas apelando ao diálogo e denunciando a actitude dos responsábeis municipais, as afectadas/os trasladáronse ás instalacións da compañía en Coruxo, onde realizaron unha concentración. Nin Goberno local nin empresa se puxeron en contacto con elas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: