MOLARES COMPROBA O ESTADO DAS OBRAS DA ESCOLA INFANTIL E CENTRO DE APOIO AO EMPREGADOR DA GOTA DE LECHE, QUE ESTARÁN REMATADAS ANTES DE QUE REMATE O ANO

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo sinalou esta mañá que a escola infantil ocupará unha superficie total de 1.200 metros cadrados na planta semisoto e baixa do edificio coa finalidade de prestar servizo a preto de 100 nenos e nenas de 0 a 3 anos.
  • O servizo de apoio ao empregador é unha ferramenta piloto que está incluído no Plan de Modernización do Servizo Público de Emprego e prestará apoio e asesoramento aos ofertantes dos postos de traballo.
  • Os traballos, nos que se aproveitou a remodelación que xa estaba feita, rematarán antes de que remate o ano e supoñen un investimento en infraestrutura social e de empregabilidade dun millón de euros.

 A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, realizou esta mañá un percorrido polas obras que nestes momentos se están a realizar no edificio da Gota de Leche para dotar á zona dunha escola infantil e un centro de apoio ao empregador acompañada polo arquitecto encargado do proxecto, Lorenzo Mateos, e por responsables das empresas adxudicatarias. A Consellería de Traballo e Benestar comezou os traballos hai unhas semanas tanto e, cun período de execución de entre seis e nove meses, respectivamente, a Xunta de Galicia espera ter as obras rematadas antes de que remate este ano. Coma sinalou Molares en declaracións aos medios de comunicación, esta actuación supón unha mellora para dotar á cidade de infraestruturas sociais e de empregabilidade, dous dos eixos máis importantes que o Goberno galego quere potenciar na actual época de crise económica. “Son dúas liñas importantes; por unha banda os servizos sociais e, por outra, atender ás persoas desempregadas”, dixo. O investimento total de adxudicación das obras que hoxe visitou a delegada territorial ascende a 1 millón de euros. Ademais, e coma recordou Molares, nesta intervención se aproveitou a remodelación xa feita no edificio con anterioridade. “Trátase dunha inversión de aproximadamente un millón de euros nas dúas obras e se aproveitan os espazos e as obras que xa foron executadas polo anterior goberno”, matizou a delegada, deixando claro que a obra que estaba feita era simplemente un comedor e unha zona de despachos. “Con esta obra se gañan dúas importantes infraestruturas na zona centro”, destacando a escola infantil, que contará ademais con “amplos espazos para xogos infantís”. Con todo, e aínda que ambos traballos teñen prazos de execución distintos e adxudicáronse a empresas diferentes, se espera que ambas obras rematen antes de acabar o ano para que as dúas infraestruturas estean en marcha “no vindeiro curso escolar”. Escola infantil Ubicarase entre a planta semisoto e a planta baixa e, ademais, se recuperará a zona axardinada, que se dotará cunha ampla zona de xogos. Contará cunha superficie total de 1.200 metros cadrados e dará servizo ao redor de 100 nenos e nenas de entre 0 e 3 anos. As aulas para os cativos, que estarán divididas en oito unidades, ubicaranse na planta baixa, onde tamén haberá unha zona de usos múltiples así coma un acceso adaptado, recepción e zona para carriños. Mentras, na planta semisoto, haberá tres áreas diferenciadas. Unha de servizos e instalacións (cociña, comedor, calefacción, almacéns, cámaras e lavandería); unha segunda para vestiarios do persoal con aseos adaptados e, por último, un área pedagóxica e de xestión onde estaría ubicado o despacho de dirección, aulas de formación e salas de mestres. Esta zona tería un acceso independente para o persoal do centro. Con todo, coa posta en marcha desta escola infantil, e coa que se abriu hai uns meses en Valadares, a Consellería de Traballo e Benestar dispón de 182 prazas máis para nenos e nenas de 0 a 3 anos, que se sumarán ás 412 xa existentes nos seis centros educativos dependentes da Xunta de Galicia (Rosalía de Castro, Bouzas, Relfas, Cabral-Caeiro, rúa Palencia e a ubicada no edificio administrativo da Praza da Estrela) e que supoñen un incremento dun 44%. Centro de apoio ao empregador A oficina de apoio ao empregador e centro de formación ocupará unha superficie de 595 metros cadrados da primeira planta do edificio da Gota de Leche e contará con nove aulas, despachos e espazos para conferencias. “O que se pretende é achegar o empregador ás persoas desempregadas”, dixo Molares. A Consellería de Traballo e Benestar optou por esta opción debido a actual situación de desemprego e dificultades polas que atravesan moitos cidadáns e empresas. Por este motivo, optouse por ubicar en pleno centro da cidade viguesa este proxecto piloto que busca ser unha ferramenta máis útil para mellorar a intermediación laboral e que ofrecerá servizos complementarios ás oficinas de emprego.
Así, ofrecerá apoio na definición das ofertas de emprego, nos procesos de selección, fará un control e seguemento das ofertas, informará en materia de contratación laboral e dos incentivos á mesma, porá a disposición do empregador medios técnicos e locais ademais de ofrecer información e apoio de emprendedores. Contará cunhas amplas dotacións coma despachos individuais para uso dos empregadores con todos os equipamentos necesarios, salas de reunións, aula de formación e exposición con medios audiovisuais, zona común para os técnicos do Servizo Público de Emprego e os usuarios e, por último, servizos comúns.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: