LÓPEZ-CHAVES: ”O PSdeG-PSOE RECOÑECE NO PARLAMENTO O FRACASO DO PXOM DE VIGO
Para o deputado do PPdeG “quedou patente hoxe no pleno xa que a través dunha iniciativa solicitaban que a Xunta se fixera cargo de infraestruturas que nun principio estaban vinculadas ao Plan Xeral e as tiñan que facer os promotores” Para o deputado do PPdeG Ignacio López-Chaves o PSdeG-PSOE recoñeceu hoxe nunha iniciativa debatida no pleno “o fracaso do PXOM de Vigo ó solicitar que a Xunta de Galicia se faga cargo de infraestruturas viarias que nun principio estaban vinculadas ao desenrolo dos distintos ámbitos de actuación do Plan Xeral”. Na iniciativa do PSdeG-PSOE se solicitaba , segundo o deputado popular, por exemplo, que fora á Xunta a que execute os túneles da Praza de España “cando, dacordo co PXOM de Vigo e o convenio urbanístico firmado por Abel Caballero o 13 de agosto do 2008, corresponderíalle aos promotores a actuación urbanística da Praza de España e ao Concello”. “Agora o PSOE recoñece a inviabilidade do PXOM e as infraestruturas a el vinculadas e pide que sexa a Xunta a que as faga, e que sexa con diñeiro público que se paguen os tuneis da Praza de España cando é obrigación dos promotores, e segundo a iniciativa do PSOE os galegos pagaríamos 7 millónes de euros que se aforrarían ditos promotores” segundo López-Chaves. O deputado popular indicou na súa intervención que “o PXOM de Vigo fracasou e agora non só o recoñecen os que antes o defendían senón tamén o PSOE”. Tamén destacou que os socialistas solicitaron que outras infraestruturas vinculadas ao desenrolo do PXOM as asumira a Xunta “como os accesos a ETEA e o túnel de Castelao-O Grove xa que ante a evidencia do fracaso do Plan Xeral e as dúbidas de que nalgún momento se poidan executar agora piden que se pague con diñeiro público o que debería de pagarse coas plusvalías urbanísticas” indicou López-Chaves quen concluíu indicando que “o PSOE en Santiago fixo con esta iniciativa debatida hoxe unha moción de censura ao PXOM de Vigo”.