O PP de Redondela volve solicitaar a comàrecencia de Reguera e propón a construcción dun patio cuberto no colexio Santa Mariña con fondos municipais.

No pleno de mañá mércores, os populares preguntaranlle a Reguera polas actuacións realizadas con cargo ao denominado 1% cultural e por outras cuestións en materia de facenda e cultura Presentarán tres mocións centradas na ampliación da AP-9, no asfaltado do aparcamento do centro da Sociedade Agraria de Reboreda e na construción deste patio cuberto O Partido Popular de Redondela, no seu labor de fiscalizar o traballo do Goberno local, presentará no pleno de mañá mércores unha serie de mocións, solicitando tamén a comparecencia de concelleiros para que dean as explicacións oportunas en cada caso.
 Comparecencias en materia de patrimonio, cultura, facenda  Unha vez máis, e xa van tres –negándose sempre a falar-, o PP solicitará a comparecencia do concelleiro delegado de Patrimonio, Eduardo Reguera, para que dea conta das actuacións realizadas polo seu departamento con cargo ao denominado 1% cultural, “a nosa intención é a de coñecer qué proxectos en materia de conservación do patrimonio histórico cultural solicitara o Concello con cargo ás obras do AVE”, sinala Alberto Pazos, voceiro do PP local, lembrando que, segundo a lexislación actual, todas as obras públicas executadas en España con orzamento superior a 600.000 euros teñen que reservar un 1% para accións culturais e de conservación do patrimonio histórico cultural.

REDONDELA

Reguera deberá comparecer respecto doutras dúas cuestións. Por unha parte, como concelleiro de Cultura, solicítaselle que explique a situación actual das obras do novo auditorio de Redondela, “pois seguimos sen coñecer o estado do expediente e o seu futuro inmediato”; tamén se lle solicitará que explique o motivo e o contido das xuntanzas ás que foron convocadas entidades e asociacións culturais de Chapela. Por outra banda, e como concelleiro de Facenda, a petición de comparecencia céntrase na polémica creada en torno á instalación ou non da fonte piramidal na praza da Farola, “dotada cunha partida de 54.000 euros no pasado pleno extraordinario do mes de xaneiro e que a día de hoxe non se sabe qué vai ser deste novo monumento”. Finalmente, e polo que respecta ás comparecencias, o PP solicita que a concelleira de Interior, Laura Lago, explique á corporación cal foi a información aportada polo Concello ao valedor do pobo con relación á problemática da localización e sinalización do camiño da Correola na parroquia de Chapela.

Mocións

Serán tres as mocións presentadas polo grupo municipal do PP. A primeira delas versa sobre a ampliación da AP-9, solicitando que se paralicen todos os traballos para así garantir a conservación e potenciación do castelo de Rande. Por outra parte, preséntase unha moción solicitando o asfaltado para acondicionar o aparcamento do centro da Sociedade Agraria de Reboreda, “pois parece que están xurdindo algúns problemas por parte do Goberno local, cando dende a Deputación de Pontevedra xa se fixo o proxecto, aportáronse os fondos e tense toda a vontade de iniciar canto antes os traballos”.

REDONDELA

Finalmente, ante as constantes demandas da asociación de pais e nais do Colexio Santa Mariña de construír un patio cuberto, peticións non atendidas polo Goberno municipal, o grupo do PP proporá mediante unha moción que se proxecte e se execute esta obra neste centro educativo no que están matriculados uns 450 escolares, con cargo a fondos municipais. Para elo, os populares propoñen que a partida para este fin se extraia dos 1.400.000 euros dos que o Concello dispón para obras sen determinar, como así se expuxo no último pleno extraordinario do mes de xaneiro.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: