14 centros formativos universitarios de Galicia, Norte de Portugal e Angoulême acordaron crear unha rede para impulsar a investigación e os intercambios de coñecementos en materia audiovisual

 Porto-As universidades de Galicia, o Norte de Portugal e de Angoulême (Francia) acordaron hoxe en Porto a creación dunha rede de investigación e intercambios de coñecemento en materia de creación audivisual.
As facultades de Vigo e Santiago de Compostela, representadas polos seus decanos, a facultade de Belas Artes, representado polo seu vice decano, junto cos centros formativos da provincia de Ourense e as universidades públicas de Porto y Aveiro, A Universidade Católica de Porto e a Luisiada, acordaron hoxe coas súas homólogas de Angoulême, establece un protocolo de colaboración, que será asinado en Francia, previsiblemente o próximo mes de maio, polo que acordan traballar conxuntamente en materia de investigación, intercambio de profesores e estudantes e consecución de financiamento europeo para estas actividades en materia de comunicación audiovisual, animación e creación artística. Este protocolo se inserta na estratexia impulsada polo Eixo atlántico, A Deputación de Ourense, la Xunta de Galicia e a Fundação da Juventude de Portugal de promover no “Espacio Atlántico” un Clúster audivisual, impulsado conxuntamente por las administracións públicas, locais e rexionais, os empresarios do sector e as universidades. Segundo manifestou o director do Secretario Conxunto do “Espacio Atlántico” Daniel Clément, ´”ésta é a forma concreta na que se constrúe Europa e accións como ésta permiten ver aos cidadáns que o diñeiro público europeo serve para xerar actividade económica nun sector estratéxico de tanta relevancia como o audiovisual e que crea emprego entro os xóvenes, probablemente, o sector máis castigado pola crise”. Á reunión, celebra no Porto, e á que se accedía exclusivamente por invitación, asistiron 49 entidades dos tres países, superando as expectativas dos organizadores. Xunto a magnífica resposta das universidades galegas e portuguesas, a delegación máis representada foi o da provincia de Ourense que desprazou a 15 entidades formativas e empresariais. En paralelo a reunión dos centros académicos celebrouse unha xuntanza das empresas do sector audiovisual que, tras un primeiro intercambio de información, valorado como moi proveitoso, acordaron celebrar unha próxima reunión de empresarios, unha vez analizadas as potencialidades de cada posible socio para avanzar en proxectos conxuntos no ámbito empresarial. Igualmente, acordaron organizar unha próxima reunión cos festivais que se celebran nas tres rexións (Bande Dessinée de Angoulême, salón del Comic de a Coruña, Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, Festival de Cine de Porto-Fantasporto, Festival de Cine Independente de Ourense; International Festival Of Animation On-line, entre outros) para desenvolver estratexias conxuntas de comercialización e internacionalización da produción audivisual das tres rexións. Nesta xuntanza estiveron tamén os representantes do Clúster Audivisual de Angoulême que se manifestaron gratamente sorprendidos polas potencialidades do sector luso-galaico, que descoñecían. O Secretario Xeral do Eixo atlántico, Xoán V. Mao, manifestou aos medios de comunicación presentes no acto, su satisfacción polo resultado da xuntanza “que vai máis aló do que esperábamos antes da reunión, e que demostra o dinamismo, profesionalidade e profunda vocación tanto das nosas universidades, como dos nosos empresarios para promover acordos que poidan cristalizar nun Clúster do Espacio Atlántico que ofreza novas oportunidades para os nosos novos licenciados”. Na Europa dos 25, dos 4,2 millóns de empregos ligados á cultura, a metade, 2,3 millóns, exclusivamente dedícanse á industria cultural. Angoulême, como gran centro de referencia do cine en Europa, socio deste proxecto, conta con máis de 80 empresas ligadas á produción audiovisual: 20 estudos de animación, 3 de son e 7 centros de formación en materia audiovisual. Angoulême tamén é sede dunha das maiores e máis selectas feiras do Comic de Europa (Bande Dessinée) que celebrou, este ano, a súa 38 edición. Está considerada como a meca dos que queren abrirse camiño no cómic europeo. Máis de 200.000 persoas han visitado a feira, este ano. A pesares da presenza de figuras con perfil internacional como no caso do debuxante coruñés Migel Anxo Prado, o de o ourensán David Rubín, no ámbito do comic, o de Ángel de la Cruz, director del “Bosque Animado”, entre outras películas de animación, ganador do Goya, e candidato ó Oscar ó mellor film de animación, trátase dun sector cunha escasa presenza internacional, e cun escaso aproveitamento dos fondos comunitarios, como no caso de programa MEDIA II, do que ate a data, apenas foron beneficiadas as producións audiovisuais galegas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: