A Diputación aproba o proxecto de rehabilitación de Chenlo cunha inversión total de 600.000€

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe o proxecto de execución da rehabilitación da Antiga Reitoral da Entidade Local Menor de Chenlo, no concello de Porriño, como Centro Sociocultural. Este proxecto vaise acometer grazas a un convenio asinado en 2009 co Bispado de Tui-Vigo. A inversión total destinada a este proxecto ascende a preto de 592.000 euros. Pola súa banda, o Bispado de Tui–Vigo cederá dúas propiedades coa finalidade de destinalas a equipamento público: unha parcela cunha superficie de 3.782,55 m² a favor da Entidade Local Menor de Chenlo e unha propiedade ubicada na antiga Casa Reitoral de Chenlo, cunha superficie de 2.195,38 m², a favor da Deputación, na que se levarán a cabo as obras en cuestión. En canto ós detalles técnicos do proxecto, rehabilitarase o inmoble, composto de planta baixa e alta, de xeito integral, coa finalidade de dedicalo a centro sociocultural, sede da Entidade Local Menor de Chenlo e, así mesmo, como sede parroquial. Una vez levadas a cabo as obras de restauración o Bispado cederá o uso do inmoble á Entidade Local Menor de Chenlo para os fins citados excepto a parte destinada a sede parroquial, que comunica coa Igrexa, que estará dotada dun despacho, un cuarto de aseo e un salón. Todo este conxunto duns 50 m2 pasará a ser propiedade do Bispado para actividades pastorais propias da Parroquia.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: