A XUNTA FINANCIARÁ A CONSTRUCIÓN DUNHA ESCOLA INFANTIL DE 61 PRAZAS EN SALVATERRA DE MIÑO

  • A entrada en funcionamento está prevista para finais do vindeiro ano
  • A conselleira Beatriz Mato mantivo hoxe un encontro co alcalde da localidade pontevedresa, Arturo Grandal 
  • A Consellería de Traballo e Benestar financiará unha escola infantil de 61 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño. Este proxecto foi confirmado hoxe pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, ao alcalde da localidade pontevedresa, Arturo Grandal, e á tenente de alcalde do devandito concello, Marta Valcárcel, nun encontro mantido esta mañá en Santiago. A entrada en funcionamento deste novo centro está prevista para finais do vindeiro ano. A Consellería de Traballo e Benestar ten xa en funcionamento escolas infantís nos concellos limítrofes de As Neves e de Salceda de Caselas e está prevista a entrada en funcionamento cara a finais deste ano dun centro 0-3 de 82 prazas en Tui. No conxunto da provincia de Pontevedra, Traballo e Benestar abriu durante o pasado ano oito novas escolas infantís cun total de 552 novas prazas, mentres que nos primeiros meses de 2011 xa entraron tamén en funcionamento dúas escolas na cidade de Pontevedra

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: